Skip to Content

 

   

MÁSTER DE ZANCOS 2021

Imos poñer en marcha unha nova edición do MÁSTER DE ZANCOS.

As 10 probas que podedes intentar son:

  1. Colocarse enriba dos zancos apoiado na parede e contar dez.
  2. Igual que antes pero camiñar cara atrás ata que os talóns toquen a parede.
  3. Desde a parede camiñar cinco pasos cara adiante.
  4. Igual que antes pero cinco pasos adiante e cinco cara atrás.
  5. Camiñar 30 pasos sen caer.
  6. Subir aos zancos sen axuda da parede e camiñar.
  7. Sobrepasar barreiras de zancos no chan.
  8. Camiñar e permanecer quedos dentro dun círculo contando ata dez.
  9. Subir e baixar un escalón.
  10. Camiñar cos zancos de perna.

Aquí tedes un vídeo explicativo

 



page | by Dr. Radut