You are hereA. C. E.
A. C. E.
Actividades Complementarias e Extraescolares
Banda de gaitas de Chantada
O día 30 de setembro acudiron ao centro para unha actividade a banda de gaitas de Chantada. Durante a actividade presentáronnos os instrumentos musicais e tocaron distintas pezas coñecidas.
Grazas polo concerto!!
Actividade da man de KINETIKO
O día 28 de setembro, o alumnado de 6º de Primaria, desprazámonos ata a casa da cultura para poder visualizar unha exposición sobre a reutilización dos materiais e a creación doutros obxectos. Botádelle unha ollada á noticia!
https://www.lavozdegalicia.es/video/lugo/2021/04/29/xirapaus-kinetico/0031_202104K8khUKC3.htm
DÍA DA PAZ 2022
O día 28 de xaneiro tivemos a sorte de contar no noso centro cun contacontos moi especial. Os alumnos/as do IES Val do Asma (moitos antigos alumnos/as) viñeron contarnos historias ó alumnado de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria. Moitas grazas por vir!
Ademais, o día 31 de xaneiro, no patio do colexio fixemos unha peregrinaxe ata Santiago, facendo as etapas do Camiño. Cada curso do centro representou nunha cartolina a maneira de axudarse no Camiño.
Por último, realizamos distintas manualidades cos símbolos da paz.
Samaín no cole
Un ano máis chegou o Samaín/Halloween ó noso centro. Este ano a celebración segue sendo un pouco limitada, pola situación que vivimos, pero non quixemos deixar de festexalo.
As actividades que realizamos, son as que podedes ver a continuación. Todas as actividades teñen que ver co Camiño de Inverno que pasa por Chantada para rematar en Santiago.
-
Samaín nas familias. As familias buscaron lendas terroríficas da contorna, relacionadas con lugares por onde pasa o Camiño de Inverno a Santiago.
-
Lendas terroríficas do Camiño de Inverno.
Cada curso traballou unha lenda de lugares por onde pasa o Camiño de Inverno.
Infantil e 1º curso de Primaria: “A cabaza do peregrino”
O conto de “Corre, correcabaciña” e manualidade.
2ºA Primaria: “A moura do Castro – Aira da Vila”
2ºB Primaria: “A lenda das lavandeiras”
3º Primaria: “Lenda da ponte do demonio”
4º Primaria: “A dama do castro de Gundivós”
6ºA Primaria: “Lenda da lagoa da serpe”
Inglés: “Lenda as xacias”
- Manualidade: Decoramos as nosas máscaras.
-
Cantamos. Todo o centro, cantamos e bailamos unha canción para esta celebración, chamada “Camino en Halloween – Luli Pampin”
- Disfrazámonos. Todos viñeron disfrazados de maneira monstruosa o día 29 de outubro. Que guapos estabades!!!!
Dende o equipo do colexio, desexamos que pasarades unha boa xornada de Samaín!!!
Entrevista
Con motivo da conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, entre outros actos, realizamos unha entrevista a Marisé que podes ver e escoitar íntegramente reproducindo o seguinte video:
Agradecemos a Marisé a boa disposición amosada nesta entrevista e o seu labor en prol dos dereitos da muller traballadora.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »