Equipo TIC, Formación, Boletíns, Recursos, Plan, Incidencias

Personaxes dos contos

 

 

Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca, organizamos un xogo de investigación mediante pistas.

O traballo dos nenos e das nenas de educación infantil foi atopar determinados libros a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole)  os máis pequenos poideron xogar con este libro LIM no que tamén están as personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!

Para ver o xogo a pantalla completa preme no cadrado da parte superior dereita da imaxe. 

Crea arte

Aquí tedes algún enlace para crear arte dende o ordenador, preme nas imaxes para poder velos

 Xogo para crear retratos como o pintor Pablo Ruiz Picasso

 

Imaxes en movemento

Un boneco feito con xiz axúdanos a manter limpo o cole. Ata para limpar temos arte!

Mirade o vídeo.

(Tanto este vídeo como o da entrada anterior fixéronnos os nenos e as nenas de 5 anos, sacando eles mesmos as fotos)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Imaxes en movemento

Algo está pasando no cole, os zapatos andan sen pés!! Será maxia? Ollade o vídeo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Vincent Van Gogh

Aquí tedes un xogo para seguir coñecendo a Vincent Van Gogh.

Un rato na escola

Un rato anda solto polo cole!!

Pero non vos preocupedes, as nenas e os nenos de educación infantil imos coidar del. Témolo ben gardadiño na aula de informática para que, de cando en vez, poida xogar cos ratos dos nosos ordenadores.

Para comprobar o larpeiro que saiu o rato Félix (decidimos entre todos chamarlle así) ollade o video.

sentímolo, flash non está dispoñible.

BOLETÍN TIC Nº5

NOVO BOLETÍN TIC DO CEIP DE ARZÚA (2º TRIMESTRE DO CURSO 2008-2009.

MANTEMENTO DOS EQUIPOS E RECURSOS TIC DO CENTRO

Dende hoxe poderemos introducir as incidencia de calquera dos equipos do Centro dende esta ligazón e tras introducir o nome e contrasinal poderemos anotar o problema concreto.

 

INVESTIGACIÓN

UN PLAN DE INVESTIGACIÓN DENDE UN CENTRO PÚBLICO. 

 

RECOMENDACIÓNS PARA A INTERNET

Recomendacións aos menores para unha navegación segura por internet.

O Valedor do Pobo distribúe entre 100.000 escolares de Infantil e Primaria un tríptico con recomendacións para navegar seguros na Rede

Powered by Drupal - Design by artinet