Formación

Grupo de traballo ABALAR

Durante este curso algúns mestres e mestras do colexio estamos a participar nun grupo de traballo co fin de aprender un poquiño máis sobre a creación de actividades interactivas.

Despois de varias sesións de formación xa nos animamos a crear os nosos propios traballos. Se queres desfrutar deles podes facelo accedendo ao blog que creamos para expoñelos e compartilos con todos vós, premendo aquí.

Grupo de traballo ABALAR

Remate curso webs dinámicas

 

Hoxe, 4 de marzo, finalizan as sesións sobre webs dinámicas impartidas por ÁlvaroPerez Vilariño, mestre no IES Manuel Garcia Barros da Estrada.

O grupo que asistimos as mesmas, queremos agradecerlle o seu tempo, a sua paciencia e os coñecementos transmitidos, xa que grazas a esto poidemos poñer en marcha a web do noso centro.

FORMACION NO CENTRO:A WEB DINÁMICA (2008-2009)

Proxecto de formación no Centro sobre a web dinámica do CEIP de Arzúa coa feramenta Drupal. O profesorado pretende formarse suficientemente para ofertar a toda a comunidade educativa unha información directa  e permitir unha interacción real co alumnado e as súas familias. Grazas a todas e todos polos esforzos e o tempo empregado para conquerilo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet