Equipo TIC, Formación, Boletíns, Recursos, Plan, Incidencias

Como pasar de PDF a WORD e viceversa

                           Las dos mejores maneras de pasar un PDF a formato doc de Word

 

Ola compañeiras e compañeiros,

Para as e os que querades modificar arquivos en PDF porque vos gusta pero non se adapta de todo ás vosas necesidades... seguide os seguintes pasos para poder fedellar nel:

 1. Facede click sobre o documento PDF,.

 2. Facede click sobre a opción: ABRIR CON...

 3. Procurade o programa WORD (se non aparece dádelle ELEXIR OUTRA OPCIÓN -> MÁIS APLICACIÓNS))

 4. Seleccionade o programa WORD e dádelle a aceptar.

O propio programa tratará o documento PDF para darlle o formato WORD (.doc) 

Tende en conta que pode que algún cadro ou imaxe saia fóra do seu sitio, pero aínda así funciona bastante ben.

Agardo que vos sirva de axuda.

Saúdos.

 

A Realidade Aumentada co ThingLink

Outra das aplicacións de Realidade Aumentada é "ThingLink", que tamén é para dispositivos móbiles e tan só hai que descargala. Veredes como a través dunha imaxe se pode recopilar moitísima información; mirade este exemplo sobre os Xogos Olímpicos. Pinchando nos puntos obteredes toda a información contida na imaxe. Probade que é moi interesante.

 

A Realidade Aumentada a través das TICs

A "Realidade Aumentada" está xa inmersa no noso día a día; no centro comenzamos a introducila cos códigos QR, probade con este vídeo. Para poder lelo tedes que ter instalado no voso dispositivo móbil un código QR (exemplo: QR Droid, que se descarga dende o Play Store). Unha vez instalado, só temos que abrilo para que o lea e a continuación poder velo.

LIM sobre os xogos olímpicos

Agora que estamos metidos de cheo nos xogos olímpicos, aproveitade para practicar todo o que sabedes con este xogo...

 

http://ficus.pntic.mec.es/dgap0010/edilim/juegos%20olimpicos.html

Xogo outono

Aquí tedes un xogo para aprender cousas do outono.

Xogo "Marabillas do Mundo"

Preme aquí e poderás poñer a proba os teus coñecementos sobre as Marabillas do Mundo,...ánimo!!

Grupo de traballo ABALAR

Durante este curso algúns mestres e mestras do colexio estamos a participar nun grupo de traballo co fin de aprender un poquiño máis sobre a creación de actividades interactivas.

Despois de varias sesións de formación xa nos animamos a crear os nosos propios traballos. Se queres desfrutar deles podes facelo accedendo ao blog que creamos para expoñelos e compartilos con todos vós, premendo aquí.

Grupo de traballo ABALAR

O Apalpador

ABALAR

O regreso ao mundo dos contos

Hoxe, algunha personaxe escapou do seu conto para vir facernos unha visita ao cole. Incrible!

Por sorte, os nenos e as nenas de 5 anos A víronas e convencéronas para que voltasen ao seu marabilloso mundo: ao mundo dos contos. Parécevos imposible? Pois ollade os video que nos prepararon!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet