Normalización Lingüística

O CONTO DE BARRIGA VERDE, ESPECTÁCULO PRESENTADO POR FRAN REI

En novembro, todo o alumnado do centro puido asistir, no salón de actos do colexio, ao espectáculo presentado por Fran Rei: "O conto de Barriga Verde". Trátase dun conto escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras): "Barriga Verde", "Os soños na gaiola" e "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Este conto pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense. Gustounos moito a todos e todas!!

     

 

O MAGOSTO NO NOSO COLEXIO

             

 

                   

 

 

 

 

 

 

O mural do Magosto tocoulle facelo aos nenos e nenas de 2º E. Primaria. Mirade que bonito lles quedou!!

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Polo Samaín o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto co Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades complementarias e extraescolares, puxo en marcha un concurso de contos de medo. Unha selección destes contos léronse na Biblioteca para o alumnado de Primaria. Os nenos e nenas de E. Infantil escoitaron os contos da Bruxa Catuxa. 

 

   

 

 O mural foi realizado polo alumnado de 1º de E. Primaria. Quixeron poñer coas súas palabras como podemos superar os nosos medos. Estes rapaces e rapazas son uns artistas!!

 

SESIÓN DE CONTA-CONTOS EN GALEGO CON BEATRIZ PRADO

Con motivo do Día das bibliotecas, Beatriz Prado achegouse ao noso centro para facernos gozar cos contos, en galego, que nos traía preparados. Todo o alumnado do centro foi pasando, en distintas quendas, pola Biblioteca.

     

FESTIVAL FIN DE CURSO

Xa chegou o final doutro periodo escolar, e como tradición toca a celebración do festival de fin de curso onde se poñen de manifesto as dotes artisticas de cada grupo de rapaces e rapazas, acompañadas sempre dunha entrega incondicional do profesorado para chegar a un exitazo rotundo...

 

Tamén supón a despedida dun grupo de 32 alumnos e alumnas que se van para o IES, empezan outra nova etapa nas súas vidas..aos que lles desexamos moita e boa sorte, recibindo unha fermosa mensaxe que así o reflexa en maorí, dentro dunha marabillosa danza aborixe representada polos nenos e nenas de 4º de primaria

 

Para ver máis preme aquí

ITINERARIO POÉTICO

Co gallo da Semana das Letras Galegas no CEIP DE ARZÚA fixemos unha actividade co título de ITINERARIO POÉTICO, co que decoramos todo o casco urbán con poemas ilustrados de Manuel María. Dividímonos en grupos para ir despois do recreo a diferentes lugares públicos do concello de Arzúa:

Educación Infantil............................Biblioteca Municipal

1º nivel............................................Centro de Saúde

3º nivel............................................Patio cuberto do colexio

4º nivel............................................Casa do Concello

5º e 6º nivel......................................Recinto feiral

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 

 

 

 

TERCEIRO NIVEL

 

 

CUARTO NIVEL

En 4º tivemos un recibimento especial no salón de plenos do Concello, o mesmo alcalde xunto con outros membros da corporación, adicáronnos unha palabras e nos cantámoslle un poema musicado do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

 

 

 

 

 

UNHAS HORAS DE CONTOS

Celebramos esta semana unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro. Hoxe tocou a de COMPARTICONTOS, que consiste en que 16 grupos de nenos e nenas de 4º, 5º e 6º escenifican unha serie de contos propostos pola Biblioteca para os máis pequenos do colexio.

Os nenos e nenas preparan ao longo desta semana, guiados polos titores e titoras, o conto que lles tocou poñendo en práctica a creatividade, a expresión oral tanto en galego como en castelán. 

Foi un éxito a actividade, non hai máis que ver as fotos para ver as caras de satisfación tanto de oíntes como dos contacontos!

Preme na imaxe para ver máis

PERÉ TOBARUELA...FORMIG4S

Este trimestre os nenos e nenas de 4º e 6º de primaria deixámonos levar por diferentes paisaxes de distintos paises acompañados dun equipo de FORMIGAS que queren salvar o mundo de Paumau. Viaxamos a París, Barcelona e Nova York...e estamos á espera de MISIÓN TOKIO,  que sairá en outubro.

A parte de disfrutar coa acción viaxamos por sitios históricos de cada cidade visitada...unha experiencia indescritible...GRACIAS PERÉ!

 

QUERÉMOSTE AGASALLAR...

 

PORQUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN CONTIGO...

 

  

 

VISITA Á TERRA CHÁ

Hoxe tocou visitar unha paisaxe moi diferente á nosa, a Terra Chá. Imaxinábamola tal cual porque xa viramos vídeos e fixeramos debuxos deste tipo de paisaxe de interior. Estabamos en Outeiro de Rei, na Casa Museo de Manuel María e en Friol, en Avifauna, e para xantar unha paradiña en Vida de Aldea en San Clodio de Aguiar.

 
Saímos de Arzúa ás 10:00 horas para chegar a Casa Museo de Manuel María onde un guía, Fran , nos explicou moitas cousas sobre a súa vida e obra, ademáis dunha fermosa vista polo interior da súa casa: a súa habitación, a sala do reloxio, o seu escritorio, a súa biblioteca privada, unha sala só coas súas obras, tanto poéticas como teatrais.
 
Entrada Casa Museo




E pola tarde en Avifauna, Jose o noso guía foinos introducindo non mundo das aves...explicounos todo moi ben!



En Avifauna coa Pita do monte



 

DÍA DE ROSALÍA NO CEIP DE ARZÚA

 

Aínda non se remataran as actividades adicadas a esta poetisa galega, o venres no colexio, no salón de actos tivemos unha xuntanza todos os nenos e nenas para adicarlle o recitado das súas poesías para por en envidencia o noso lema: 
 

 

                                  
 
Todos e todas levamos unha rosa elaborada manualmente nas aulas, habías con cheiro!!!!
 
 

 

Powered by Drupal - Design by artinet