1º e 2º nivel de Primaria

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL EP

Na clase de 2ºB xa imos empezar coas sementes do inverno, primeiro farémolo en semilleiros para obter plantas para logo transplantar ao bancal.

Despois dunha rigurosa investigación de que podemos plantar:

 

 

 

Decidimos ir a mercar un xoves pola mañanciña a unha tenda da vila con 10 euros de presuposto. xa fixeramos un cálculo pero decidimos tomar a li as decisións en equipo xa que non coñecíamos as sementes das que dispoñen na tenda:

Lista na man, folla de cáculo e lapis imos cara a tenda:

  

  

Xa feitos os cálculos precisos para axustarnos ao presuposto inicial mercamos 7 sobres de sementes, que ao pasar pola caixa para pagar pedimos a factura para comprobar e ter garantía do mercado.

Aproveitamos para traballar un novo tipo de texto, a factura: CIF, IVA, TOTAL...

De volta ao cole inmortalizamos a nosa compra:

E agora... xa non nos queda mais que facer semilleiros.

VIXÉSIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2º EP

Unhas novas exposicións que nos levan a dous países de dous continentes, CANADÁ e PORTUGAL. 

Por un lado  Marcos, alumno de 2ºB colle o avión para ir ao CANADÁ. Unha exposición excelente e moi clara que nos ensinou moitas curiosidades deste país que non sabíamos e que comidas tan saborosas, ademais do frío que por alí debe facer tan preto do polo Norte.

 

  

E como lembranza unha foto nos lugares maís emblemáticos deste fermoso país:

 

 Por outra banda, Dylan  de 2ºA viaxou ao país veciño onde destaca no seu mural que é o país de Cristiano  Ronaldo, PORTUGAL.

   

 

MUSEO ANIMALIA DE 2ºB

Dentro de Ciencias Naturais traballamos os animais e a súa clasificación. Despois de investigar, clasificar e xogar con estes contidos quixemos inmortalizalo nun museo vivo, é dicir, que vai cambiando pouco a pouco da cordo cos novos contidos que vaiamos adquirindo: MUSEO ANIMALIA.

   

OS NOSOS BODEGÓNS en 2ºB

Partindo da proposta do Museo de Bellas Artes, investigamos sobre diferentes posibilidades de bodegóns, un xénero de obra artística de interior como conxunto de diferentes elementos:

          

DÉCIMO NOVENA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2ºEP

Xa estamos nas últimas entregas deste fantástico proxecto que nos leva polo mundo adiante a coñecer e a investigar sobre países, MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO.

Nesta ocasión tocoulle viaxar a Martín de 2º B con destino a AUSTRALIA, as nosas antípodas. Canta información e que interesante destino! E que ben o explicou!

    

E para recordo no nosos álbum de fotos:

Logo tocoulle a outro mochileiro tamén de 2ºB, a Biel que viaxou a EXIPTO. quedamos abraiados de cantas cousas veu e aprendeu nesta viaxe tan cultural:

 

Vimos un papiro auténtico

 

Aprendemos a descifrar a escritura xeroglífica!

 E como recordo para o noso álbum de fotos

 

E non menos fermoso destino o país que elixeu o mochileiro Brais de 2ºA: BRASIL

 

falounos de gastronomía, de flora, de fauna, de lugares que visitar, datos curiosos sobre este país sudamericano:

 

 

Unha exposición de dez!!!

UN MUNDO NUN MUSEO: CUARTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

Partindo de elementos de gran cotidianeidade, Colmeiro constrúe un bodegón insólito. Algunhas das froitas, mazás e peras, están nun bol de cristal e outras esparcidas nun espazo sen delimitar. Semellan así estar suspendidas nun espazo de tonalidades intensas azuis e verdes, con influenzas fauvistas.

Os bodegóns teñen un lugar destacado na pintura de Colmeiro, xa que é un xénero co que vai explorar cambios estilísticos. Neste lenzo mostra as mudanzas producidas na súa pintura: deixa atrás a estética do granito de formas e volumes rotundos en tons terrosos para abrirse á pintura vangardista europea que incorpora tras a súa estancia en París. Neste bodegón vemos o seu novo estilo de cores vivas, pincelada solta e espazo sen delimitar, creando unha atmósfera tendente á abstracción.

O bodegón, tamén coñecido como natureza morta, é unha obra de arte que representa animais, flores ou obxectos nun espazo. Nos bodegóns non aparecen representadas persoas e o lugar onde se ubican os obxectos adoita ser impreciso. Son cadros cheos de quietude e silencio.

O bodegón foi un tema moi representado ao longo da Historia da Arte que serviu a numerosos artistas para experimentar co seu estilo.

Foi tamén un dos temas máis representados por Manuel Colmeiro, quen dicía:

“En invierno mis cuadros se convierten en bodegones sin que yo me de cuenta. Y es que al lado del fuego todo se hace más íntimo, más hogareño. Los objetos están más a la vista, más a mano; parece que se componen a sí mismos para uno”

Na colección do museo de Belas Artes da Coruña contamos con varios bodegóns de distintas épocas, estilos e autorías. Poden parecer cadros menores por non contar grandes relatos ou non amosar personaxes históricos, pero o certo é que o bodegón serviu para que os artistas experimentasen enormemente distintas técnicas e linguaxes artísticos.

Ao mesmo tempo, cando observamos un bodegón que representa comida podemos descubrir moitas cousas: se ese bodegón foi pintado nunha estación ou noutra (tendo en conta as froitas e os legumes de tempada), se se pintou nun país do norte de Europa ou nun país tropical (baseándonos na orixe dos alimentos) ou o valor adquisitivo dunha familia ou unha persoa que encarga o cadro; non é o mesmo un bodegón sinxelo como o de Colmeiro onde vemos mazás e peras, que un bodegón no que vemos representados alimentos “de luxo”.

ACTIVIDADE 1: COMPARANDO BODEGÓNS DA COLECCIÓN DO MUSEO

Observaremos os tres exemplos de bodegóns que vemos a continuación e respondemos ás seguintes preguntas.

  • Que teñen en común estes tres bodegóns?
  • Cal pensades que é o máis antigo e cal pensades que é o máis moderno? Por que?
  • Pode un bodegón ser “humilde” ou “luxoso”? Ordenade de máis humilde a máis luxoso os tres exemplos.
  • Estes bodegóns presentan os obxectos de xeito ordenado ou desordenado?
  • Que elementos recoñecedes representados en cada un deles?
  • En que lugares do mundo pensades que se puideron pintar estes bodegóns?
  • Observando os alimentos de temporada: En que momento do ano pensades que foron pintados estes tres cadros?

 

ACTIVIDADE 2: UN RECEITARIO DO MUNDO

A gastronomía é a disciplina que estuda a relación entre o ser humano e a súa alimentación. Estuda varios aspectos culturais, tomando como eixe central a comida. Deste xeito, a gastronomía estuda os costumes, os lugares, as relixións, a historia, a climatoloxía e calquera tipo de elementos que serva para explicar a relación das persoas e o xeito no que nos alimentamos.

Cómese igual en Galicia que en Andalucía, en Galicia que en Finlandia, en Galicia que en Brasil? Por que? Que aspectos culturais, climáticos ou sociais pensades que inflúen no xeito no que entendemos a alimentación.

Nesta actividade investigaremos a gastronomía de distintos lugares do mundo. Para iso, despois dunha breve pesquisa, teremos que escoller un prato tradicional dalgún país estranxeiro co que teñades relación ou houberas traballado noutro proxecto de MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO. Unha vez que teñades seleccionado o menú, escribiremos nunha folla a receita do prato. A continuación representaremos un bodegón onde se vexan todos os alimentos necesarios para poder preparala.

Exemplo dun posible bodegón que ilustre un caldo galego:

Este bodegón non ten que ser do prato preparado, senón unha representación dos ingredientes que fan falta para poder cociñalo  coa técnica que queiramos(pintura, fotografía, collage...) e o estilo que máis vos conveña. Do mesmo xeito, pensaremos na composición do noso bodegón (hai bodegóns ordenados e desordenados, con moitos elementos ou poucos, con unicamente produtos alimenticios ou outros obxectos relacionados coa cociña...). Unha vez que teñamos todos os nosos traballos individuais realizados, poderemos xuntalos para facer un Receitario da gastronomía do mundo

DÉCIMO OITAVA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2ºEP

Despois das anteriores exposicións quedounos pendentes a de Martina de 2º B e a dous compañeiros de 2ºA, Valentín e Darío.

Martina foi a CHINA, un dos países mais extensos de Asia. Deixounos boquiabertos/as coas cousas interesante s que nos contou:

      

E por último unha foto de recordo nun dos sitios mais emblemáticos: 

 Agora tócalle a Valentín que viaxou a BÉLXICA, un país europeo sede da Unión Europea:

    

E como recordo unha foto nun dos lugares mais espectaculares deste país:

Por último no día de hoxe foi Darío que nos levou a un país do continente asiático, ARABIA SAUDÍ:

 

DÉCIMO SÉTIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2ºEP

Nesta ocasión viaxaron tres persoas de 2ºB a diferentes países:

  • Pablo a MÉXICO
  • Esney a CUBA, o seu país de orixe
  • Martina a CHINA

Investigaron sobre diferentes datos de interese como gastronomía, flora, fauna, curiosidades...

O primeiro en expoñer no día de hoxe foi Pablo que visitou un país americano, MÉXICO

  

Unha exposición moi interesante na que aprendemos aspectos de cultura sobre este fermoso país que conseguiu a súa independencia e loita por sobrevivir e como remate trouxo unha pequena degustación dalgunha comida típica.

O segundo en expoñer no día de hoxe foi Esney que visitou un país americano, CUBA:

 

 Para vela preme aquí

  E como lembranza unha foto

Esney cunha manchea de pesos cubanos

 

 

PECHE DE TRIMESTRE DO EQUIPO DE 2º EP

SENTIMENTO DE EQUIPO ata o infinito é unha metáfora que representa a nosa unión, a  de todo o alumnado  de 2º EP, para conseguir todos os nosos soños. Cada zapatilla é un NÓS que xuntos en círculo arriscamos e traballamos para conseguir acadar as nosas metas. Eleximos o círculo por ser unha forma xeométrica que representa e deixa  entrever a nosa maneira de pensar e traballar, todos e todas ao mesmo nivel e coas mesmas responsabilidades.

Nestas datas e final de trimestre queremos pór de manifesto que a UNIÓN fai a FORZA e permite acadar todo aquilo que queremos conseguir dunha maneira conxunta, traballando en equipo, incluíndo e promovendo o benestar emocional.

Eu son unha zapatilla, ti unha chancla, el unha bota, ela un zapato…estaríamos así ata rematar os 33 nenos e nenas que procuran un bo clima, empatía, felicidade, axuda, corresponsabilidade e saber facer…e descansar a partires de hoxe 21 de decembro cando chegan a nós AS VACACIÓNS DE NADAL E FIN DE TRIMESTRE.

  

FELIZ DESCANSO FAMILIAS dende 2ºEP e non esquezades que SENTIMENTO DE EQUIPO ATA O INFINITO é un lema que nos debe guiar agora e por sempre xamais!

DÉCIMO SEXTA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Unha viaxe a Reino Unido por parte dunha alumna  de 2ºA, Xulia:

 

E como recordo de haber estado alí

 

Powered by Drupal - Design by artinet