3º Curso

TÉCNICA COLLAGE NO 3º NIVEL

Seguimos facendo MATEMÁTICAS na clase de plástica, aínda que empregamos máis formas xa que deixamos voar a imaxinación e a creatividade!

Agora toca facer COLLAGES:

 

 

 

 

EUROPE CODE WEEK por segundo ano consecutivo!!!

A Semana da Programación da UE  ou EU CODE WEEK é unha iniciativa de base que ten como obxectivo achegar a programación e o alfabetismo dixital dunha maneira divertida e interesante.

Por segundo ano,os nenos e nenas de terceiro A imos compartir experiencias con diferentes centros repartidos por moitos países europeos e outros continentes!

Xa estamos dentro!

 

 

 E xa temos feita a primeira nosa actividade na linguaxe computacional a través do arte: PIXEL ART e como non ía ser menos, cun bichiño que lle está dando moita dor de cabeza a todos os países do mundo, O CORONAVIRUS.

 

 

 

 

CADROS CON XEOMETRÍA

Para pór en práctica o aprendido nunha lección de xeometría na clase de plástica, precisamos varias cousas.

  • Creatividade 
  • Coñecemento das diferentes figuras xeométricas
  • Unha regra
  • Acuarelas

e moitas gañas de traballar!!!

E para demostrar o interese e a concentración para obter estes fermosos traballos, engadimos probas fotográficas:

 

 

NOVO CURSO, NOVA AVENTURA, NOVA MANEIRA...CURSO 2020-2021 no 3º nivel de EP

Xa empezamos fai uns días, concretamente o 10 de setembro, e xa levamos moitas ideas e proxectos empezados, ou polo menos pensados xa dentro das nosas cabeciñas!!

Este ano temos que ir a cámara lenta, non vale facer moitos plans a longo prazo, xa que cada día pode ser diferente.

Así non demos sacado aínda a foto de grupo do inicio docurso na que estemos todos e todas, a NOSA FOTO OFICIAL!! Pronto chegará!!!

Tamén xa deseñamos os super heroes e heroínas que nos van axudar a levar adiante o proxecto do Medioambente e saúde!!

 

 

Estreamos unha nova estación do ano! Deixamos atrás un caluroso verán para entrar nun outono que non nos vai deixar de sorprender, porque vai ser un OUTONO RARO!!

O día 22 adicámolo a prepararnos para levar a cabo as tarefas propostas sobre o OUTONO: poemas, refráns, cheiros, cores ...facendo investigación directa en primeira persoa nos arredores do patio do colexio.

 

Lemos, recitamos, exprimimos todo o que nos querían transmitir os e as escritorxs con estes fermosos poemas que resumen todas as características desta nova estación que acaba de comezar:

 

 

A CIENCIA QUE CONTA 2015

O CEIP de Arzúa xa leva participando varios anos no concurso da Universidade de Vigo A CIENCIA QUE CONTA, acadando varios premios ao longo de todas as participacións ano tras ano. O premio é a publicación do conto que presenta o neno ou a nena  participante.
 
Tivemos novamente premio, o conto de Elsa foi premiado, pero para nós,  as titoras e titor participantes  de 3º e 5º A son todos moi importantes, por iso compartímolos con todos e todas vós.

 

Powered by Drupal - Design by artinet