Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

SÉTIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2º EP

Hoxe chegou ás nosas aulas BRASIL, un país de Sudamérica que investigou  Iago, un mochileiro de 2ºB:

 

Foi unha pasada a súa exposición contando un montón de información deste país!

 

PEPUKA E O MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO en 2ºB

Esta ven sendo a segunda actividade para a conmemoración do 25N. Partimos dun conto moi coñecido e interesante, do que se fixo unha curta:

 

Este conto infantil busca concienciar aos máis pequenos sobre a violencia de xénero. A través da historia de Pepuka, unha boneca que deixa de sorrir porque un monstro non deixa de insultala, preséntase este problema co obxectivo de que poida ser identificado e evitado dende a infancia.

Reforza valores como a autoestima e a importancia do apoio en situacións coma esta, representados polos Mascotas que axudan á moza a recuperar o seu sorriso.

Despois do visionado e dunha asemblea onde se falaron moitos temas sobre esta conmemoración, vocabulario específico como liberdade, igualdade, felicidade, amizade, eliminación de calquer tipo de violencia...e como conclusión deixamos claro que ninguén pode levarnos o noso sorriso, no sentido máis metafórico, que ninguén pode sacarnos as gañas de vivir, as gañas de ser felices, as gañar de ser quen queiramos ser , o importante e ter "mascotas" eses amigos e amigas incondicionais que nos acompañan e axudan a voltar a unha situación de felicidade.

PÓR UN SORRISO CONTÍNUO NAS NOSAS VIDAS

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Nova sesión deo proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde plantamos CAFÉ :

A semente do café sae dunha drupa vermella, como vemos na foto do sobre no que nos chegou como agasallo dende Filipinas, grazas a Igancio, un membro da comunidade escolar.

 

     

Tamén, na xornada de hoxe, transplantamos as plantas obtidas das sementes de lentella no horto da aula:

 

 

Seguiremos!!!!!!!

DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, 25N

Esta semana e a seguinte faremos unha serie de actividades para facerlle chegar a toda a Comunidade Educativa a nosa maneira de sensibilizar e eliminar das nosas vidas calquer atisbo de violencia.

Primeiro elaboramos un cartaz onde se pon de manifesto o noso lema:

SEXTA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Seguimos coa mochileira de 2ºA, Rosalía, que acaba de de chegar da sua viaxe de investigación de RUSIA dentro do proxecto de MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

  

E non podes deixar de traer se vas Rusia de recordo:

QUINTA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2º EP

Continuamos co mochileiro de 2ºA, Antom, que acaba de de chegar da sua viaxe de investigación de ARXENTINA dentro do proxecto de MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

Aprendemos moito e, sobre todo,  da súa bebida favorita, o MATE

 

E para rematar a foto desta viaxe:

CUARTA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa chegou a primiera mochileira de 2ºA, Alba, do destino elexido, esta vez FRANCIA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

 Foi un pracer escoitarte!!!

TERCEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

A mochileira de 2ºB, Sara, xa chegou do destino elexido, esta vez ARXENTINA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

Gracias Sara, encantaríanos   ir a Arxentina!

SEGUNDA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa chegou o segundo mochileiro de 2ºB, Miguel, do destino elexido, esta vez RUSIA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

 

Cantas cousas aprendemos deste país!

 

PLAN ESCRITOR: ACRÓSTICOS

Dentro do Plan Escritor e dentro do Obradoiro de creación de textos, elaboramos ACRÓSTICOS cos nosos nomes:

   

Powered by Drupal - Design by artinet