try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Educación Primaria

AULAS DE PRIMARIA

As aulas de Educación Primaria atópanse na primeira e segunda planta do edificio principal . Na primeira están as catro do primeiro ciclo e no segundo andar está o resto das aulas: catro do segundo ciclo e outras catro do terceiro. O centro é de dobre liña en toda a Primaria.

Todas as aulas teñen asignado un número e ademais  reciben o nome dun personaxe relevante da historia ou cultura galega. Ademais, en datas máis recentes e dentro do proxecto Achégate a Bem-brive, cada aula identifícase co nome dun lugar da parroquia de Bembrive, sinalado co seu corresponde cartel na porta.

As aulas, ademais de estar dotadas do material necesario para o desenvolvemento das clases, dispoñen de acceso Wi-fi.

Cada aula do primeiro ciclo conta cun Kit dixital composto por portátil, proxector e encerado dixi-tal. Nos ciclos segundo e terceiro as aulas están equipadas con un  PC de sobremesa. Cada un destes dous ciclos dispón tamén de cadanseu portátil cun proxector e pantalla portátil para rotar polas distintas aulas.

Todo o alumnado utiliza habitualmente a aula de informática ou a aula dixital e a biblioteca para informarse e buscar recursos para complementar o traballo cotiá na aula.

O alumnado e as familias poden acceder aos blogues dos ciclos Xa estamos en Primaria, Chans Segundo Ciclo e Chans Terceiro Ciclo.

As aulas son amplas, con boa luminosidade grazas ás grandes ventás e con boas vistas á entrada da ría de Vigo e as illas Cíes.

Todos os ciclos teñen cadanseus  blogues que son actualizados regularmente con recursos axeitados:

 

 

Distribuir contido