Comezamos un novo curso con moita ilusíón e gañas de seguir acompañando aos vosos fillos/as no seu proceso de "crecemento" no sentido máis amplo da palabra.
Este curso voltamos á tan desexada normalidade. Deixamos atrás as restricións sanitarias e volven as apertas e os sorrisos, as xuntanzas, os festivais, as excursións... Seguiremos velando para que a nosa escola sexa un espazo saudable, seguro e amable.
Será sen dúbida un ano emocionante e cheo de inspiración e moitas sorpresas
Premendo na imaxe poderedes acceder á información importante relativa aos novos aspectos organizativos.
Feliz volta á escola. Que descansedes! Mañá ás 9:00 comeza unha nova aventura!!
Grazas familias por confiar en nós.