try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

NO MES DE XUÑO, NA ESCOLA DE CHANS

Benvido verán! Pechamos as portas das aulas e abrimos xanelas con vistas ao mar e a natureza.

E tempo de saborear o pracer de coidarnos e de gozar coa nosa familia e amizades do tempo libre, tras un curso no que demos o mellor de nos. Dicimos adeus confiando en queq este merecido descanso traia ás nosas casas  e a nosa escola tranquilidade e ilusión.

Grazas familias por confiar en nós! Deica a setembro. 

Deixámosvos un anaquiño das actividades deste mes:

O 4 de xuño, o papá  de Inés de 1º  montou no pavillón un rocódromo para presentarlles aos nenos e nenas do primeiro ciclo este deporte. Moitas grazas.

Acceso á foto

 O venres 16 de xuño o alumnado colaborador da biblioteca e as alumnas do grupo de pandereteiras recibiron un agasallo en un diploma en agradecemento ao seu traballo e o seu tempo durante este curso. Estamos moi orgullosos de contar con estes dous equipazos!

O equipo de mediación de 5º de primaria tamen recibiu a súa medalla e unha "bolboreta máxica" pola súa contribución a facer os patios máis felices. Grazas equipo por axudarnos a comprender que "mediando, gañamos todos e todas".

Un ano máis temos a sorte de publicar o noso Faro da Escola, con este xa levamos 8 anos publicando as nosas noticias. 

O Faro da Escola para o noso cole é moito maís que un periódico, é un medio onde poder expresar e compartir as nosas experiencias, inquedanzas, opinións....

Moitas grazas ao Faro de Vigo por promover esta iniciativa tan enriquecedora e gratificante

Preme na imaxe para poder ler o noso "Faro"

 

E o mellor do mes de xuño son....as excursión de fin de curso: Ei, 1º, 2º, 3º e 4º gozaron o día 13 da eco granzxa Kiriko, o alumnado de 5º tomou o seu primeiro baño en Cíes (no mar e baixo a chuvia) o día 19 e os nenos e nenas de 6º conviviron tres días en Galipark como despedida do seu paso pola escola. 

O mes de xuño é tempo de despedidas : o xoves 15 os nenos e nenas de I5 celebraron nun emotivo acto o seu paso á nova etapa de primaria. Un orgullo velos medrar!

O venres 16 de xuño, o alumnado de primaria reuniuse no pavillón para despedir aos nenos e nenas de 6º que deixan á escola coa mochila chea de amizades, valores e moitas vivencias que lle axudaron a medrar. Alá onde no chegan as verbas deixamos que fale o corazón: botarémosvos de menos e  desexámosvos que sexades moi felices neste cambio de etapa.

E xa temos gañadores/as na  XI edición do cuncurso de fotografía creativa. Noraboa a Indira e Elizabeth (de 5 e 4 de primaria), a Aldara (de 3º primaria) e a Pedro Gómez de 2º. Grazas familias pola vosa colaboración.