try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

NA ESCOLA DE CHANS NO MES DE MAIO

Queredes achegarvos ás actividades máis salientables que se están a desenvovler na nosa escola durante o ems de maio?

Animámosvos a participar na XI edición do concurso de fotografia creativa da escola. Consultade as bases premendo an imaxe.

 

Coa chegada do mes de maio Enchemos a entrada da escola e outros espazos  de cor e mensaxes inspiradores en pro da igualdade e a boa convivencia.Grazas ao equipo de mestras e mestres encargadas/os de poñer en marcha o CPinclúe:

 

A 60 edición da celebración do Día das letras galegas rendirá homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego. Podedes achegarvos a unha grande variedade de recursos premendo na imaxe:

 O martes 16 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a escola de Chans realizará  as "Andainas por Bembrive". Todas as aulas irán dende a escola ata o Torreiro de Bembrive por diferentes roteiros. Alí xuntámonos todos e todas  para merendar e festexar o día das nosas letras cun pequeno acto público en homenaxe ao escritor Francisco Fernández del Riego.Animámosvos a compartir con nós esta xornada tan especial  a partir das 12:00 horas.

 Para demostar a riqueza que temos na nosa lingua deixámosvos un exemplo de "palabras fermosas para non esquecer" escollidas por vós, as familias que quixéstedes participar. Moitas grazas por valorar e sentir que o galego é fermoso. Falemos, respectemos, coidemos e defendamos a lingua galega!! Premede na imaxe: