try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

Letras galegas 2024

Camiñamos pola lingua

Un ano máis a escola de Chans camiña pola lingua galega! 

 

ADIADO para o xoves 30 de maio!!!!

I Concurso de tira cómica

O Trasno Contacontos convidounos a participar no I Concurso de tiras cómicas. As persoas gañadoras verán o seu traballlo publicado no Faro da Escola. Preme na fotografía se queres ver as tiras cómicas gañadora. Parabéns a todas!

Semana do libro en BiblioChans

Este mes de abril visitáronnos unha chea de autores cos que compartimos fermosos momentos falando dos seus libros. Contáronnos moitas cousas: cando comezaron a escribir, cales son as súas inspiración e algún que outro segredo sobre novas publicacións.

Día do libro 2024

 O martes 23 de abril celebramos o día do libro facendo intercambios lectores. Os nenos e nenas maiores contaron contos aos máis pequenos nos xardíns da escola. A cambio, fixéronlle uns fermosos agasallos para agradecerlles o bo momento que pasaron con esas fermosas aventuras. 

Xogos de mesa en BiblioChans

Os venres son os días máis desexados polos nenos e nenas en BiblioChans. Grazas aos xogos de mesa, a biblioteca está chea de ilusión, de nervios e gañas de pasalo ben. Dos seis xogadores/as de cada semana, só un pasará a gran final, que leva como premio un exemplar do xogo. 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Aberto o proazo para a presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

 

Poderán presentarse PRESENCIALMENTE entregando na secretaría do centro o formulario que podes descargar a continuación:

 FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Tamén se poden presentar ONLINE a través da aplicación utilizando un certificado dixital ou a Chave 365. 

 ADMISIONALUMNADO

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido