try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

A IGUALDADE NON TEN TRUCO

A maga  Sara e o mago Carlos ("Maxia na manga") representaron para o alumnado de EI, 1º e 2º  de primaria o seu espectáculo "A igualdade non ten truco. Sorprendéronnos co seu ilusiionismo e aprendemos que  as magas antigas e as modernas tiveron e aíndda teñen que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos. Viva a maxia!!

A MAXIA DO ENTROIDO

Queredes ver cal é a verdadeira maxia do Entroido?

Preme no vídeo e achégate ao Entroido do cole Chans 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

Se queres coñecer o proxecto educativo e as instalacións da escola de Chans, preme no cartel e contacta para pedir cita. Vémonos !

 SE QUEREDES COÑECER MÁIS...PREME NO VIDEO

DIA DA PAZ 2022

ABRACADABRA...QUE A PAZ SE FAGA!!

Hoxe, 31 de Xaneiro no cole de Chans movémonos pola paz ao ritmo da canción de Paco Nogueiras "Móvete". Ademáis comapartimos os noso  superpoderes  especialmente o da escoita, a solidaridade e a empatía. A vida movemento é

AbracaChans sensibilim...paz de principio a fin!!

BO NADAL 2021

Que a maxia destas Festas encha as vosas casas e a nosa escola de saúde, ilusións e moita tranquilidade.

Aquí vai a nosa Felicitación para que teñades unhaboa dspedida de ano e unha mellor entrada no 2022

Volvemos o 10 de Xaneiro con máis brillo!

 

MENSAXE DO APALPADOR

Nenos/as de Chans!! O Apalpador non pode vir a Chans este ano, pero deixou esta mensaxe para desexarnos un feliz Nadal e comunicarnos que mañá visitará  á escola un "coleguilla" seu.

 

AS ESTRELAS DE CHANS

Aquí estamos! Resplandecentes, luminosas, especiais... Cada unha coa sua propia luz. Todas diferentes pero enchendo a escola de bos desexos. Grazas familias por facer posible que a maxia chegara a nosa escola.

Festas do OUTONO

Coa chegada de Novembro, celebramos en Chans dúas festas de orixe tradicional: Samaín e o Magosto.

Invitámosvos a achegarvos  aos traballos de criaturas "horripilantes"  (feitospolo alumnado de 5º e 6º na clase de Art) no segundo andar .

 O día de S. Martiño saímos aos bosques da nosa contorna e gozamos das sabrosas castañas e das cores das cores da Natureza nesta época do ano .Preme na imaxe e verás o ben que o pasamos:

ABRACACHANS!, ESCOLA DE MAXIA

E a  maxia chegou á nosa escola. AbracaChans!

 

CIRCULAR NÚMERO 1

Premendo na imaxe poderedes  acceder ao contido da circular número 1 con informacións básicas importantes  para todo o curso.

Distribuir contido