Invitámosvos a coñecer algunhas das actividades máis significativas que aconteceron na escola de Chans durante o mes de marzo:
Continuamos coas visitas a nosa biblioteca de referencia: Biblioteca Neira Vilas. Este mes o alumnado de EI 5 anos e o de 6º de primaria participaron nesta actividade de dinamización á lectura.
O día 1 de marzo, organizouse na escola unha anovadora proposta: Todos e todas contamos. Este proxecto permitíu ao alumnado de EI desfrutar dun obradoiro levado a cabo por persoas con diversidade funcional da Asociación Igualarte
O 3 de marzo o alumnado de 5º que participará na Reconquistiña asistíu nas instalacións da escola a un obradoiro de percusión.
O martes 7 de marzo, invitouse ás familias e ao profesorado a asistir á charla "Violencia sexual contra a infancia" coa colaboración das ENAPAS e de AMINO.
Neste encontro achegámonos a contidos de gran interese: aclaración de conceptos, mitos, indicadores, perfiis da víctima e do agresor, protocolos de actuación...Grazas a todos os asistentes.
O 8 de marzo, día internacional da muller, a escola de Chans tinxiuse de morado para reivindicar que todas as mulleres do mundo sexamos libres, felices e ben valoradas
Ogallá que este muro de igualdade que simbólicamente comezamos a construír hoxe, continúe medrando día a día. Podedes ver imaxes do acto "Construíndo igualdade" premendo na imaxe:
Este mes desenvólvense de novo os obradoiros (manipulativo, tecnolóxico) e o encontro virtual do programa "Te lo cuentan las matemáticas no que participa o alumnado do 3º ciclo de primaria.
O día 10 de marzo, o alumnado de 3º e 4º viaxan ao teatro Afundación para asistir ao estreo da performance teatral: "Nautilus:20.000 leguas de viaxe submarino"
Ese mesmo día os nenos/as de 2º primaria participan no MARCO do concerto didáctico: Unha viaxe por Laxeiro.Arte e música únense para celebrar o "Ano de Laxeiro"
O alumnadode 5º primaria participa nos obradoiros de Amaina, sobre coeducación os días 10 e 17 de marzo.
O día 14 de marzo desenvolveronse os obradoiros dos Contrato Programa Innova (EDUsaúde) destinados ao alumnado de 5º e 6º para potnciar os hábaitos de vida saudables,
O 21 de marzo celebramos o día da poesía e a chegada da primavera nun acto conxunto nos xardíns da escola. Cantamos á primavera, e inauguramos os nosos hortos con pareados escritos nunha táboa, que unha vez decorada colocámola adornando os nosos bancais: "a horta desta escola é a horta que máis mola"
O dia 21 de marzo, o alumnado de 5º B tivo o pracer de escoitar e estrevistar a Beatriz Gándara, campiona de España de paraescadada e todo un exemplo de superación persoal.Con ela aprendemos que con vontade e esforzo podemos superar as maiores dificultades e conseguir cousas incribles. Grazas pola túa testemuña Beatriz. Estamos desexando ler a tús historia historia no Faro da escola
Preme na foto aquí.
E continúan chegando novas achegas para o panel "Pequenos grandes inventos" actividade do PDI "Vai de inventos". Preme na imaxe:
O venres 24 de marzo, grazas a boa disposición e amabilidade de dúas "mamás " de alumnado da escola, os/as nenos/as de 1º e 2º de primaria gozaron dun obradoiro de Igualdade. Que vivan as uñas de cores"!! Preme na imaxe:
A asociación Amaina completou esta formación en 2º primaria o día 30 de marzo.
Rematamos o trimestre con dúas actividades que fomentan a igualdade e impulsan formas relacionais positivas e non discriminatorias: "A xincana pola igualdade" (Barafunda) para o alumnado de 3º e 4º e "Improvisa en igualdade" (Amorodio teatro) para o alumnado de 6º primaria.