Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
6º Educación primaria
Xogamos na biblioteca cos compis de 2º ciclo
Durante toda a semana do 23 ao 27 de outubro conmemoramos na escola a semana das Bibliotecas Escolares e para iso organizamos unhas xornadas de xogos de mesa na biblio. O alumnado de 5º e 6º preparouse durante as semanas previas aprendendo a xogar a unha chea de xogos para despois poderlles ensinar ás compañeiras e compañeiros de outros cursos.
O xoves día 26 de outubro tocoulles aos compis de 3º e 4º. O resultado foi un tempo de diversión e xogos compartidos e quedaron con ganas de repetir.
Xogamos na biblioteca cos nenos e nenas de 1º ciclo
O alumnado de sexto de primaria estivo, ao longo das últimas semanas, aprendendo a xogar na súa clase a diferentes xogos de mesa axeitados ao alumnado de 1º ciclo. O obxectivo era ensinarlles a xogar aos nenos e nenas de 1º e 2º e compartir unha xornada divertida con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares, que foi onte, 24 de outubro.
Aos maiores gustoulles facer de mestres e mestras dos pequenos e xa están desexando repetir. Esperamos que o alumnado de 1º ciclo tamén desfrutara deste tempo de xogo compartido.
O xornal da primeira viaxe á Lúa!
Xantal sorprendeunos con este xornal do día 2 de agosto de 1969 no que podemos ler en portada a noticia da chegada dos astronautas Armstrong e Aldrin á Lúa.
A todas e todos nos pareceu moi curioso poder ver este xornal. Mirade:
A Odisea de Homero
En Lingua Castelá estivemos lendo e traballando sobre unha das obras miáis importantes da literatura universal: a Odisea, do poeta grego Homero.
En vista do interese suscitado entre o alumnado, aproveitamos a ocasión para afondar máis no tema. Como resulta que teño algo de bibliografía sobre mitoloxía e sobre a antiga Grecia, leveina á clase para que estea á disposición do alumnado durante estes días.
Xogamos ao Código Secreto
Os alumnos e alumnas de sexto estanse a converter en expertos e expertas nunha chea de xogos de mesa, que son fantásticos para traballar contidos do curso dun xeito máis lúdico e divertido. Un destes xogos, que estreamos este curso, é Código Secreto, co que traballamos o vocabulario. Mirade que concentrados e concentradas estaban:
Os nosos avatares de Pixton
Mirade que foto de clase tan chula fixemos a primeira semana de curso. A ver se sabedes quen é quen.
Benvidas e benvidos ao curso 2023-2024
Benvidas e benvidos ao curso 2023-2024!
Este curso e o voso futuro serán marabillosos, como o sodes cada un e cada unha de vós.
Cando medredes, seredes o que vós queirades, pero o máis importante xa o tedes, todas e todos sodes e seredes persoas fantásticas, non me cabe a menor dúbida, porque mo demostrades cada día.
Grazas por deixarme desfrutar e aprender ao voso carón cada día.
Feliz volta ao cole e feliz curso!
Isa
STOP AO BULLYING
Co bullying, tolerancia cero. Así nolo conta e explica o alumnado de 6ºEP como proxecto da materia de valores sociais e cívicos.
No Día Internacional Contra o Acoso Escolar, berramos ben alto STOP AO BULLYING. Non te cales, cóntao.
Visita ao CPI A Xunqueira
Achégase a data en que o alumnado de sexto xunto coas súas familias deciden en que centro vai continuar os seus estudos. Esta mañá fomos convidados a coñecer o CPI A Xunqueira. Tratáronnos moi ben, Isabel, a directora, levounos a visitar as diferentes aulas do centro onde coñecimos a profesoras e alumnos que nos explicaron o que estaban a facer e as posibilidades e recursos cos que conta o centro. A visita rematou da mellor maneira, convidáronnos a un chocolate con churros na cafetería do centro. Moitas grazas a todos e todas pola acollida.
Día das Bibliotecas
O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemorar este día o alumnado de sexto de educación primaria serigrafiamos unhas bolsas de tea cun anagrama creado por nós para recadar fondos para a excursión de fin de primaria. Nestas bolsas ían libros adaptados ás diferentes idades, libros que saíron despois de facer un expurgo na biblioteca do centro. Traballamos moito pero o resultado e a acollida foi fantástica.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »