EN OUTUBRO XA ESTAMOS E CON ELMER E O OUTONO DESFRUTAMOS

Comezamos este novo curso e este trimestre con moita ilusión  e con ganas de vivir novas experiencias e  realizar novas aprendizaxes

 Iniciamos  o proxecto sobre o conto de ELMER, o  elefante de retallos,  símbolo da diversidade e da aceptación da diferenza. Ademais de facer fichas de lóxica, grafismos , mandalas, pintar con pincel …tamén decoramos as iniciais dos nosos nomes  ao modo de Elmer. Quedáronnos superchulas!

 

Como xa chegou o outono   fomos  observar as árbores do patio e vimos como van cambiando as súas cores e recollemos follas. Ademais pintamos con cores de outono e decoramos a clase. Realizamos xogos matématicos de asociación cantidade e número, series  coas follas e froitos de outono

 

Encantounos empezar a usar as tesoiras! . Fixemos distintas  actividades de recortado  para practicar  e cada vez facémolo  mellor!

Un día apareceu na porta da clase una carta. Que sorpresa e que alegría!  A carta era de Carrás que nos invitaba   a visitar a biblioteca por primeira vez este curso. Encantounos todo o que vimos!  A porta da entrada parece un piano. A árbore converteuse nun director de orquestra e todo estaba escuro pero había luces de cores e música. Carrás deixounos  uns agasallos que nos gustaron moito: as carpetas para levar os libros do préstamo, un conto precioso e a mochila viaxeira

 

Curioseando con elementos do outono...

O primeiro trimestre avanza e pouco a pouco os nenos e nenas de 3 anos van mellorando nos hábitos e nas súas rutinas diarias. Mentres tanto aprenden tamén cousas sobre o outono, e facemos actividades manipulativas con elementos da nosa contorna.

Samaín en 4º Educación Infantil

 

 

Neste mes de outubro estamos a realizar xogos e actividades moi divertidas do Samaín, deixamos algunhas fotos destas xa que queremos compartilas con toda a comunidade educativa. O alumnado de 3 anos pasouno pipa con todos estes xogos!

 

 

Benvidxs ao curso 2022/2023

 

Queridas familias:

Xa estamos de volta e con moita enerxía para comezar un novo curso cheo de aprendizaxes e aventuras compartidas.

Por medio deste blog, trataremos de seguir compartindo algúns deses momentos  convosco. 

Feliz curso!

 

EN 3 ANOS VEMOS MEDRAR AS PLANTAS

Continuamos coidando as nosas plantas e comprobamos que o traballo da os seus froitos!

Para que os páxaros non se acerquen ós nosos cultivos creamos a Manoliño: o noso espantallo.

Aproveitando a temática da horta practicamos diferentes trazos e tamén experimentamos coa luz negra.