Comezamos o último curso de infantil!

 

 

 

 

Entramos no outono con moita ilusión,

creando proxectos que enchen os nosos corazóns.

 

 

 

As praias xa están limpas, a lúa xa a probamos

E agora con moitas ganas, ó espazo nos marchamos!

 

 

 

Este ano, comezamos 5 anos cun conto moi especial: “A que sabe a lúa”. Fixemos actividades sobre o conto  con distintas técnicas, pasámolo fenomenal.

E cando chegou o outono, creamos o recanto con follas, castañas, abelás... facendo a nosa propia paisaxe de outono, xunto con grafismos e manualidades, ademais de saír ao exterior a xogar coas follas que caen das árbores do patio. Foi moi divertido!

Na clase, tamén xogamos cun material que nos encanta: as regretas. Fixemos carreiras, series, muros dos números...

E por fin fixemos unha saída!! Botámolas moito de menos, así que coas gañas que tíñamos deixamos a praia da Calzoa superlimpa.

Agora, tócanos desfrutar do Samaín e comezar a investigar todas esas dúbidas que temos acerca do universo. Xa vos iremos contando que descubrimos!

 

Benvida ó curso 2021-22

 

Queridas familias,

 

Iniciamos un novo curso, unha nova viaxe e un novo espazo para compartir.

Esperamos poder achegarvos dun xeito máis visual as propostas e actividades que imos realizando no aula.

 

Feliz curso!