O CIRCO CHEGOU A 3 ANOS

Continuando co proxecto de Frida Kahlo empapámonos de creatividade e fixemos a nosa “casa azul”, fogar e museo no que están as obras de Frida e onde agora expoñeremos as nosas creacións.

Celebramos o día de Rosalía “plantando pensamentos”, a súa planta favorita e valorando a importancia da literatura.

Experimentamos con diferentes xogos e novos materiais para a nosa mesa de luz.

Colaboramos con moita ilusión na producción do noso disfrace.

Ensaiamos diariamente para reprensentar o noso papel no circo: “os paiasos” e desfrutamos moito da festa do entroido!

FEBREIRO DE ENTROIDO

 No mes de febreiro puidemos desfrutar de varias celebracións. Por unha banda, o noso querido Entroido. En 4 anos fomos disfrazadxs de malabaristas e equilibristas. Para tal, decoramos os chalecos do noso disfrace de estrelas prateadas que estampamos con esponxas e tamén elaboramos os diferentes complementos que levamos: os platillos, os paraugas, os aros e as mazas. Ademais, cada día saíamos un ratiño ao patio para poder ensaiar a actuación que fixemos para todxs xs compañeirxs do colexio. Encantounos poder actuar e tamén ver as actuacións das demais clases, foi un día xenial!

 

Por outra banda, neste mes tamén se conmemorou o Día de Rosalía de Castro o día 23. Durante esa semana coñecimos algún dos poemas da escritora, vimos fotografías dela e tamén coñecimos a súa pranta preferida: os pensamentos. Así pois, para conmemorar este día cada clase saíu ao xardín prantar o seu pensamento.

  

NO INVERNO SEGUIMOS E CO ENTROIDO DIVERTÍMONOS

Neste mes de febreiro continuamos coas actividades de inverno  facendo grafismo creativo e tamén  decoramos a clase con siluetas de animais  polares. Como nos gusta moito pintar con pinceis fixemos uns fermosos  debuxos invernais usando as cores frías desta estación.

Concentramos e relaxámonos cos mandalas dos paraugas e tamén facendo unha folerpa de neve con figuras xeométricas.

Un día descobrimos as sombras que se producían no chan da aula ao  dar o sol nas ventás onde temos  una decoración de paraugas e   animais polares.  Encantounos  e vimos que se nos poñiamos nós tamén se proxectaba a nosa sombra.

 

Estas son algunas  fichas  do noso proxecto “Todos menos un”. Debuxamos  e coloreamos una planta con chícharos diferentes  e  creamos o noso propio,  ademais  traballamos os conxuntos equivalentes. Lemos  as características do pavo real  e debuxamos e coloreamos un que nos quedou  moi  fermoso e tamén  decoramos outro con grafismos…

Observamos como medraban os chícharos. Un día fomos a horta a plantar os que eran máis grandes.Foi una experiencia  marabillosa porque puidemos  plantar os chícharos e ademais visitar a horta e ver todo o que hai plantado. E ata  entramos dentro do invernadoiro. Que caloriño facía alí dentro!

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía  e  cada clase do colexio plantou  un pensamento  porque era a flor que máis lle gustaba a Rosalía de Castro e tamén vimos algún vídeo sobre a súa vida. Escoitamos poesía musicada do disco de Rosalía Pequeniña e elaboramos un pequeño folleto  composto pola foto de Rosalía, a poesía “ como chove miudiño” e un pensamento.

Chegou a semana do entroido!  Na clase  fixemos diversas actividades sobre o entroido   utilizando distintas técnicas plásticas. Desfrutamos moito  coas ordes do meco  xa que tivemos  que levar en distintas partes do corpo o que nos ía  mandando cada día. Foi moi divertido! O venres chegou o día da gran festa!. Xa o estabamos desexando!. @s de infantil  fomos disfrazados de   traballadores  do circo.  Convertémonos en mag@s e ao ritmo da música do “Aprendiz de bruxo” fixemos un baile onde houbo  coellos na chistera, panos que aparecían e desaparecían… Puidemos ver as actuacións dos  demais nen@s do colexio . Estivemos moi atent@s ao xuízo do meco e ao momento da queima. Pasámolo fenomenal!!!

E así coa  divertida festa de entroido rematamos o mes de febreiro.

"Corazón"

Estimadas familias,

Hoxe queremos presentarvos unha canción moi especial para nós: interpretada polos nenos e nenas de infantil en colaboración con Magín Blanco cantamos un canción con moito amor.

Queremos dar a gracias a Magín e todo o seu equipo por esta oportunidade. Foi unha experiencia marabillosa.

Esperamos que vos guste, de todo corazón.

corazón

Magín Blanco: "Corazón"

UN XANEIRO CHEO DE CORES

Comezamos o trimestre con sorpresas que nos deixou o Nadal: xoguetes novos de regalo!

Observando a natureza do noso patio percatámonos dos cambios da nova estación: fai moito frío e algunhas árbores quedaron sen follas!

Quixemos coñecer o nome propio e o dos compañeiros e para iso fixemos un abecedario coas nosas iniciais e un libro dos nosos nomes.

Celebramos o día da paz, centrado neste curso na igualdade, polo que comezamos o proxecto de “Frida Kahlo e a Arte”, muller que superou as adversidades grazas a pintura.