ESTE NOVEMBRO DESFRUTAMOS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO

Para o Samaín   colaboramos para facer un libro  de infantil aportando cada ne@ o seu medo. Ademais na clase metemos  o noso medo nunha bolsa máxica e converteuse nuna gominola. Foi algo máxico e encantounos! Decoramos a clase con teas de araña, arañas e tamén con cabazas . Pintamos  unha cabaza grande. Traballamos as figuras xeométricas e os grafismos. Coas pinturas fosforescentes fixemos debuxos de medo e logo puidemos velos coa luz negra. Foi superchulo ver como cambian as cores e como brillan!

Visitamos a exposición das marabillosas cabazas decoradas polas familias.

 

 

 

Xogamos coas follas e froitos do outono facendo series, contando, asociando número e cantidade…

 

Para o Magosto decoramos con rotuladores un vaso para meter as castañas e quedounos xenial! Tamén fixemos un colar de castaña, grafismos e un mandala … Vimos como asaban as castañas e logo puidemos degustalas e bailar. Pasámolo fenomenal!

 

EN OUTUBRO XA ESTAMOS E CON ELMER E O OUTONO DESFRUTAMOS

Comezamos este novo curso e este trimestre con moita ilusión  e con ganas de vivir novas experiencias e  realizar novas aprendizaxes

 Iniciamos  o proxecto sobre o conto de ELMER, o  elefante de retallos,  símbolo da diversidade e da aceptación da diferenza. Ademais de facer fichas de lóxica, grafismos , mandalas, pintar con pincel …tamén decoramos as iniciais dos nosos nomes  ao modo de Elmer. Quedáronnos superchulas!

 

Como xa chegou o outono   fomos  observar as árbores do patio e vimos como van cambiando as súas cores e recollemos follas. Ademais pintamos con cores de outono e decoramos a clase. Realizamos xogos matématicos de asociación cantidade e número, series  coas follas e froitos de outono

 

Encantounos empezar a usar as tesoiras! . Fixemos distintas  actividades de recortado  para practicar  e cada vez facémolo  mellor!

Un día apareceu na porta da clase una carta. Que sorpresa e que alegría!  A carta era de Carrás que nos invitaba   a visitar a biblioteca por primeira vez este curso. Encantounos todo o que vimos!  A porta da entrada parece un piano. A árbore converteuse nun director de orquestra e todo estaba escuro pero había luces de cores e música. Carrás deixounos  uns agasallos que nos gustaron moito: as carpetas para levar os libros do préstamo, un conto precioso e a mochila viaxeira

 

REMATANDO O TRIMESTRE EN 4 ANOS

Neste mes, rematamos o proxecto anual das emocións que tiña como fío condutor o conto “O monstro de cores”. Pouco a pouco elaboramos este mural conxunto no que fumos proxectando as ideas relacionadas a cada emoción.

Como parte do proxecto “Transformando espazos” levamos a cabo unha plantación nunha das zonas do patio de infantil. Cada aula encargouse dunha delas e pouco a pouco poderemos ver como van medrando e dando os seus froitos.

Un ano máis desfrutamos do espectáculo de maxia grazas á ANPA. Encantounos!

ABRIL EN 4 ANOS

Neste mes puidemos desfrutar da actividade de “Mestres lectores” con motivo do Día internacional do libro infantil e xuvenil. Os nosos contos foron “O principiño” e “O coelliño branco”. Moitas grazas profe R. e profe J.

Nun recuncho das nosas aulas atópanse pezas soltas, as que permiten que xs nenxs desenvolvan a súa creatividade, ao tratarse de composicións efímeras realizamos diferentes fotografías co resultado final, resaltando sempre que o importante é o proceso.

Continuando co traballo das emocións, coñecemos ao pintor Jackson Pollock, a partir do que practicamos a técnica de dripping, con gran acollida por parte do alumnado.

Para finalizar este mes, e con motivo do “Día do libro”, tivemos un encontro cxs nosxs padriños e madriñas arredor dun conto, intercambiamos un agasallo e compartimos un pequeno momento xuntos.

VISITA Ó MUSEO DO MAR EN 4 ANOS

Este mes realizamos a nosa primeira excursión. Fomos ao Museo do Mar

onde descubrimos diferentes tesouros mariños e puidemos observar

os peixes no seu hábitat