Decembro 2021

COUSIÑAS DE NADAL en 3 anos

No Nadal dámoslle a benvida ó inverno, estación na que fai moito frío, incluso as veces neva! nas aulas de 3 anos fixemos a nosa propia neve!

 

Para celebrar a chegada das vacacións, o último día deste trimestre degustamos, individualmente, doces típicos desta época de Nadal.

  

 

O noso conserxe xubílase e como agasallo fixemoslle uns debuxos.  Tamén coñecimos e compartimos agasallos cos nosos padriños e madriñas de ler e recibimos a visita do apalpador!

 

 

 

DESPEDINDO O TRIMESTRE en 4 anos

O mes de decembro foi moi curto pero moi divertido. Recibimos unha visita moi especial de dous elfos chegados do Polo Norte. Xa que non tiñan nome, estivemos pensando diferentes posibilidades, fixemos unha choiva de ideas e unha votación. Os nomes que recibiron son... Flash e Babá! Cada día descubríamos unha pequena travesura que realizaban en cada clase e debíamos solucionar esa situación xuntos e reflexionando,tendo en conta que se os tocábamos perderían os seus poderes máxicos.

Por outra banda, volvimos a empregar o calendario de advento coma fixemos en 3 anos , no que cada día realizamos a proposta que tocaba (cantar unha canción, facer unha manualidade...).

Ademais, tivemos sorte de coñecer aos nosxs padriños e madriñas de ler. Foi un momento especial, encantounos poder vernos e facer entrega das postais que lles preparamos con tanta ilusión.

 

ATERRIZAMOS NO NADAL en 5 anos

Durante este mes de decembro continuamos facendo actividades sobre o espazo pero ademáis como neste mes celebramos o Nadal, fixemos algunhas manualidades que nos encantaron, entre elas, desfrutamos moito facendo a tarxeta para agasallar aos nosos padriños e madriñas de lectura.

Tamén nos encantou decorar a estrela con purpurina de cores e decorar as aulas con moito amor.

 

Decoramos con grafismos unha bola, unha campá e un abeto usando rotuladores e tamén ceras.

Fixemos bonecos de neve e unha árbore de Nadal que pode balancearse! e por suposto bailamos, cantamos, rimos e festexamos a visita do apalpador!.

Esperamos e desexamos que desfrutedes moito do Nadal cos vosxs fillxs xa que é un momento que eles viven con moita ilusión.

En xaneiro volvemos con máis propostas.

                         BO NADAL!

 

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais