EN OUTUBRO XA ESTAMOS E CON ELMER E O OUTONO DESFRUTAMOS

Comezamos este novo curso e este trimestre con moita ilusión  e con ganas de vivir novas experiencias e  realizar novas aprendizaxes

 Iniciamos  o proxecto sobre o conto de ELMER, o  elefante de retallos,  símbolo da diversidade e da aceptación da diferenza. Ademais de facer fichas de lóxica, grafismos , mandalas, pintar con pincel …tamén decoramos as iniciais dos nosos nomes  ao modo de Elmer. Quedáronnos superchulas!

 

Como xa chegou o outono   fomos  observar as árbores do patio e vimos como van cambiando as súas cores e recollemos follas. Ademais pintamos con cores de outono e decoramos a clase. Realizamos xogos matématicos de asociación cantidade e número, series  coas follas e froitos de outono

 

Encantounos empezar a usar as tesoiras! . Fixemos distintas  actividades de recortado  para practicar  e cada vez facémolo  mellor!

Un día apareceu na porta da clase una carta. Que sorpresa e que alegría!  A carta era de Carrás que nos invitaba   a visitar a biblioteca por primeira vez este curso. Encantounos todo o que vimos!  A porta da entrada parece un piano. A árbore converteuse nun director de orquestra e todo estaba escuro pero había luces de cores e música. Carrás deixounos  uns agasallos que nos gustaron moito: as carpetas para levar os libros do préstamo, un conto precioso e a mochila viaxeira