Skip to Content

Maio 2022

ABRIL EN 3 ANOS

TRABALLANDO O NOSO PROXECTO DO HORTO, PRANTAMOS  PATACAS E COIDÁMOLAS TODOS OS DÍAS, REGÁNDOAS E MIMÁNDOAS MOITO. OBSERVAMOS O PROCESO E ESTAMOS ILUSINADOS PORQUE XA SAIU A PRANTIÑA. AGORA A VER QUE PASA.

 

REALIZAMOS UN EXPERIMENTO CON SERRÍN E SEMENTES.  METÉMOLO DENTRO DUNHA MEDIA E DEMOSLLE FORMA DE MONEQUIÑO. TAMÉN O REGAMOS TODOS OS DÍAS E QUE COUSA CURIOSA ESTAMOS A OBSERVAR: AO MONECO ESTALLE A MEDRAR O PELO.!!!

ADEMAIS FIXEMOS CON ELEMENTOS NATURAIS: LAND ART.

ADEMÁIS ESTE MES TIVEMOS VARIAS NOVIDADES:

- CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO E FIXÉMOSLLE UN AGASAIO ÓS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DO COLE.

- ESTREAMOS OS PETOS PARA PODER DESFRUTAR NOS CHARCOS SEN MOLLARNOS.

- E XOGAMOS CON NOVOS MATERIAIS MANIPULATIVOS  E AS LETRAS DA MESA DE LUZ. COMO NOS GUSTOU POR O NOSO NOME TAN LUMINOSO!!!!

ABRIL EN 4 ANOS

Neste mes puidemos desfrutar da actividade de “Mestres lectores” con motivo do Día internacional do libro infantil e xuvenil. Os nosos contos foron “O principiño” e “O coelliño branco”. Moitas grazas profe R. e profe J.

Nun recuncho das nosas aulas atópanse pezas soltas, as que permiten que xs nenxs desenvolvan a súa creatividade, ao tratarse de composicións efímeras realizamos diferentes fotografías co resultado final, resaltando sempre que o importante é o proceso.

Continuando co traballo das emocións, coñecemos ao pintor Jackson Pollock, a partir do que practicamos a técnica de dripping, con gran acollida por parte do alumnado.

Para finalizar este mes, e con motivo do “Día do libro”, tivemos un encontro cxs nosxs padriños e madriñas arredor dun conto, intercambiamos un agasallo e compartimos un pequeno momento xuntos.

PROXECTO DOS VERMES DE SEDA: INICIAMOS, EXPERIMENTAMOS E REALIZAMOS

Continuamos facendo actividades sobre a primavera traballando o vocabulario desta estación utilizando tarxetas, realizando grafismos, simetrías  e tamén distintas manualidades.

Encantounos facer composicións utilizando elementos naturais: pétalos, follas, plantas de anís, perexil, paus, cocos de eucalipto… quedaron superchulas e ademais pasámolo moi ben!

 

Fixemos experimentos: machacamos follas de moreira e metémolas en alcohol. Puidemos observar como o alcohol se ía tinguindo de verde. Despois con ese líquido verde (clorofila) pintamos nun folio. Foi un experimento  que nos encantou! Agora xa sabemos que as plantas teñen clorofila e unhas células que se chaman cloroplastos que lle dan esa cor verde o talo e as follas.

 

Na clase temos vermes de seda e estamos iniciando un proxecto sobre estes bichiños que tanto nos gusta observar. Xa sabemos que só comen follas de moreira e que nacen de ovos. Cando naceron vimos que eran moi pequeniños e de cor negra pero como comen moi ben  medraron moito. Temos que limpalos, quitarlle as follas que van comendo  e as cacas (ao principio son puntiños negros e logo vanse facendo boliñas cada vez máis grandes), e botámoslle follas todos os días. Encantanos observar como comen e como se moven!

 

O día 29  tivemos a actividade de padriños e madriñas lectores. Os nen@s de 5º B léronnos o conto: Vivan as uñas  de cores !  Fíxemoslle una flor  para darlle e eles tamén  nos deron outro agasallo. Desfrutamos moitísimo esta actividade!



by Dr. Radut