EN 5 ANOS O MUSEO DO MAR VISITAMOS E A SEMANA DA POESÍA DESFRUTAMOS.

Neste mes de marzo comezou a primavera que recibimos con moita ledicia. Observamos as árbores do patio que xa lle están saíndo moitas follas e flores, decoramos as clases e comezamos a facer algunas actividades sobre esta estación.

O Dia da Muller ( 8 de marzo) visitamos no colexio una exposición de libros  de mulleres importantes ao longo da historia. Tamén lemos o conto de Malala   e vimos a valentía desta nena  para defender a educación das mulleres nunha terra onde algúns querían prohibila. Aínda que  a feriron e intentaron silenciala  non se  rendeu. Volveu con máis forza para seguir loitando, sempre a través da educación, por unha sociedade máis xusta. Descubriu que cada lapis pode ser máxico se se usa de maneira correcta e pode contribuír  a constriur un mundo en paz: “Unha nena, un profesor, un libro e un lapis  poden cambiar o mundo”. Tamén debuxamos as nosas mamás por ser as mulleres máis importantes das nosas vidas.

Tivemos una saída ao Museo do Mar onde nos ensinaron moitos “Tesouros do mar”: distintos tipos de algas que puidemos tocar e ver as diferenzas. Tamén nos mostraron cunchas de moluscos  e caparazóns de crustáceos, así coma a mandíbula dun tiburón que tiña uns dentes moi afiados….tocamos una esponxa natural! Visitamos o acuario onde vimos moitos peixes: rodaballos, sargos, raias… e ata un tiburón!. Explicáronnos cousas moi interesantes.

A  semana do 14   ao 17 de Marzo   fixemos  poesías porque Carrás  deixounos una carta invitándonos a participar nesta actividade . Pola mañá aparecían unhas palabras nun expositor que iamos  ler  e despois entre tod@s creamos unas fermosas poesías   que metíamos unha urna. Para medir canta poesía se facía en todo o colexio tiñamos un  tubo medidor onde íamos botando confeti (cada poesía, un vaso de confeti). Isto encantounos!  Con todas as poesías fíxose una exposición na aula de psicomotricidade. Fomos visitala e ademais tamén  realizamos una actividade moi divertida co confeti. Durante unha semana  convertémonos en poetas  para conmemorar o Día da Poesía

Gústanos moito facer figuras co xeoplano e o tangram. Ás veces, creamos as que nos queremos e outras veces  utilizamos plantillas para copiar. Coas regretas facemos series, traballamos conceptos espaciais e  tamén facemos os muros dos números, ademais de  sumas e restas, series… ou creamos construccións que se nos ocorren.

BENVIDA a PRIMAVERA en 3 ANOS

Chegou a primavera e con ela a poesía, celebramos este día premiando cada poema que inventamos cun vaso de confeti.

NOVOS RECANTOS

Apareceron nas nosas aulas novos recantos de xogo: manipulativo e artístico. Seguindo nesa liña decoramos un autoretrato estilo Andy Warhol.

 

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA: VISITAMOS O MUSEO DO MAR.

 

Saímos de excursión ó Museo do Mar onde aprendimos moito sobre peixes e vexetación da nosa Ría.

O NOSO NOVO MURAL

 

 Descubrimos no noso patio un fermoso mural de Frato que nos recorda o importante que é o xogo para nós. Divertímonos creando un “photocall” onde nos disfrazamos de Frida Kahlo.