A PINTAR

Experimentamos a pintura ó aire libre e creamos entre todos unha versión da obra de Frida Kahlo “Congreso dos Pobos pola Paz”.

VISITA Ó MUSEO DO MAR EN 4 ANOS

Este mes realizamos a nosa primeira excursión. Fomos ao Museo do Mar

onde descubrimos diferentes tesouros mariños e puidemos observar

os peixes no seu hábitat


SEMANA DA POESÍA EN 4 ANOS


Celebramos a semana da poesía no colexio cunha fábrica de poesías e

unha gran sorpresa final.

O NOSO RESTAURANTE

O recuncho do xogo simbólico transformouse nun coqueto restaurante con 

menú do día, comandas e un gran equipo de cociña.

 

 

CHEGARON OS PETOS EN 4 ANOS

 

 

Por fin chegaron os nosos petos para os días de choiva, xa podemos

desfrutar dos charcos!