Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016

 

Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Períodos de vacacións:

  • Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive
  • Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016
  • Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.

Infórmase que o 7 de decembro de 2015 e o 16 de maio de 2016 non son días lectivos neste centro educativo.

Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 25 de novembro de 2015: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2015: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2015: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2016: Día escolar da non Violencia e da Paz.

– 8 de marzo de 2016: Día Internacional da Muller.

– 15 de marzo de 2016: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 7 ao 11 de marzo de 2016: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase

na aula con xornais.

– 7 de abril de 2016: Día Mundial da Saúde.

– Entre o 18 e o 22 de abril de 2016: Día do libro.

– 9 de maio de 2016: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio de 2016: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2016: Día Mundial do Medio Ambiente



page | by Dr. Radut