Pasarúas entroido 2022

 

 

 

Prezadas familias,

 

Como xa sabedes, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o curso pasado non se nos permitiu sair ás rúas do barrio para festexar o entroido.  Este curso cumprindo con todas as medidas necesarias imos levar a cabo, sempre que o tempo o permita, un pequeno pasarrúas no parque de Castrelos. Neste percorrido estaremos encantados de contar coa vosa asitencia.

 

Para poder asegurar o cumprimento das medidas sanitarias e educativas, foi necesario secuenciar as saidas do cole.

 

  • Infantil, 1º Primaria e 2º de Primaria: sairán a partir das 11:00 de forma escalonada.
  • 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria e 6º Primaria: a partir das 12:10 de forma escalonada.

 

No parque de Castrelos diante do escenario (situado ao lado da entrada principal) haberá unha zona delimitada para as familias xusto diante do escenario. Cada grupo subirá e teredes tempo para fotografíalos.  En ningún caso os familiares poderán acompañar durante o recorrido aos nenos/as, xa que é fundamental manter os grupos burbulla, polo que non se poderá interactuar co alumnado salvo no momento que suben ao escenario.

 

Polo anteriormente detallado debedes esperar polos vosos cativos e cativas na área habilitada na que haberá membros da ANPA que vos axuden.

 

Por outra banda, é importante que saibades que desde o centro levaremos a cabo unha gran reportaxe audivisual, por se algunha familia non pode acudir.

 

O circuito é circular, de xeito que ningún grupo se mesture con outros.

 

Convidámosvos a todos a participar dun xeito seguro, e contamos co compromiso de todos/as para levar a cabo unha actividade que o alumnado sen dúbida merece. No caso de que existan situacións que non garantan a seguridade e integridade do alumnado, o equipo docente non dubidará en voltar ao centro, así que por favor sexamos cautos e respetemos as normas.