samaín

SAMAÍN

Este ano polo Samaín non só adornamos o cole,se non que tamén disfrutamos cos xogos populares,co teatro e como non, cun menú  típico de estas datas.

Amosámosvos a decoración do Centro e ,en breve procuraremos ensinarvos imaxes dos xogos e do teatro.

 

 

 

 

 

                    

           

    

 

Samaín

                                       

                 

 

Hoxe no cole celebramos o Samaín,todos os grupos tiveron a súa pequena posta en escea,pouco a pouco iremos amosándovos as imaxes de todo o acontecido.

Samaín

 

Ola  a tod@s,como se acerca o Samaín,a profe Bea,leva a traballar arreo para relacionalo co noso proxecto sobre as mulleres.De este xeito , ocurríuselle traballar "MALAS DOS CONTOS", por iso estase a decorar a entrada do cole con "MALAS ...MALÍSIMAS" e nese espacio fíxose unha selección de libros relacionados co Samaín e co Magosto.

O pasado venres ,durante o recreo,e aproveitando que o tempo non axudaba para saír ao patio , os máis pequenos disfrutaron da selección de libros e aquí podedes comprobar o moito que disfrutaron.

 

 

 

 

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Ola!!

 

O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Tivemos exposición de cabazas.

De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.

As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.

Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.

MAGOSTO E SAMAÍN 2015

 

 

Ola a todos e todas, o próximo MARTES 27 de outubro celebraremos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.

 

Está é unha actividade feita coa colaboración da ANPA e os equipos de Complementarias e Extraescolares, EDLG e Biblioteca. 

 

Dende a Biblioteca fixemos unha selección de fondos relacionados co Samaín, outono, magosto... e podedes vela onda a entrada da biblio.

Unha pequena mostra:

Powered by Drupal - Design by artinet