5º de E. I.INFANTIL EN RADIO CODESEDAEnviado por Agustin o Xov, 20/06/2019 - 19:38
Aquí vos deixamos os primeiros traballos dos nenos e nenas de Infantil do Cabada Vázquez na Radio Escolar co seu proxecto sobre as abellas. Podedes escoitalos premendo sobre os arquivos, escaneando o codigo QR ou non seguintes enlaces:
https://www.ivoox.com/podcast-cabada-vazquez-proxecto-abellas-infantil_sq_f1722449_1.html
https://www.ivoox.com/cabada-v%C3%A1zquez-abellas_sb.html?sb=cabada+v%C3%A1zquez+abellas
Esperamos que vos gusten.
( categories: )
NÓS TAMÉN CREAMOSNÓS TAMÉN CREAMOS! O alumnado de infantil do noso cole participou no concurso Nós tamén creamos! promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora. A voda do galo Pinto! foi o conto escollido a partir do cal realizamos a nosa curta de animación. COMPARTÍMOLO CON VÓS!>
( categories: )
Experimentando coa caixa de luz!Como nos gusta a caixa de luz! E é que as mates ou a lectoescritura nos parecen moito máis divertidas ás escuras.
( categories: )
filosofARTE - Filosofía para nenos e nenasEnviado por Mariela o Mar, 15/05/2018 - 18:13
Neste último trimestre ímonos introducir na Filosofía para nenos e nenas, traballando o diálogo filosófico a través da arte. Utilizamos distintas láminas de pintura de varios artistas, música de relaxación, unha vela como símbolo de luz, diálogo e reflexión e uns lentes de plástico que permiten ver o mundo dende un punto de vista propio.
Reflexionamos sobre catro obras pictóricas e isto é o que saíu:
1. A tristura coa obra "Repouso" (1904) de NONELL.
2. O medo coa obra "O berro" (1893) de MUNCH.
3. O amor coa obra "O bico" (1907) de KLIMT.
4. A interculturalidade coa obra "Mulleres de Tahití" (1891) de GAUGUIN. Como xa non queda nada para rematar o curso e xa estamos empaquetando todo deixamos aquí os espazos de filosofARTE.
E así é como está quedando o mural.
( categories: )
Investigamos sobre as fontes e o ciclo da auga.Estamos a investigar sobre as fontes a través dun proxecto de traballo.
Primeiramente dicimos que sabemos sobre elas.
Para despois preguntarnos que queremos saber.
Partindo das preguntas que nos fixemos, empezamos a buscar información.
Tamén fixemos un mural coas fontes da nosa contorna: "Codeseda, fontes de vida"
Ademais dos murais fixemos un dossier.
E quedounos así de chulo:
( categories: )
|