O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 28 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 22 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 22 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 22 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 33 semanas |
Os días 26 e 27 de xaneiro os alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria dos centros educativos do concello da Estrada, achegámosnos ao Teatro Principal para ver a película "Maimiño", filme galego-cubano de animación.
A actividade levouse a cabo dende a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de todos os centros educativos da Estrada "DINAMIZAESTRADA" en colaboración co departamento de Política Lingüística do concello de A Estrada.
Queremos felicitar a Hiba por ser a gañadora do concurso "Canta con Maimiño".
Para todos os que aínda non víchedes o ben que canta, aquí tedes a súa interpretación da canción da princesa "Denise" que na versión orixinal é interpretada por Uxía Senlle.
PARABÉNS HIBA!!!
CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN
Anónimo — Mar, 03/11/2015 - 14:26
Ola!!
O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Tivemos exposición de cabazas.
De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.
As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.
Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.
Grazas a toda a comunidade educativa pola súa implicación, ata o comedor adaptou o menú dese día á festa, podedes velo na foto que hai máis abaixo.
Como vedes traballamos moito, aquí vos deixo unha pequena mostra:
Postais recibidas doutros centros do Concello de A Estrada | Vista da exposición de calacús |
Máis calacús | Cabaza elaborada na aula de 3 anos |
Cabazas elaboradas na aula de 4 - 5 anos | |
Saúdos.
Liatantoscontos
MAGOSTO E SAMAÍN 2015
Anónimo — Mér, 21/10/2015 - 14:30
Ola a todos e todas, o próximo MARTES 27 de outubro celebraremos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Está é unha actividade feita coa colaboración da ANPA e os equipos de Complementarias e Extraescolares, EDLG e Biblioteca.
Dende a Biblioteca fixemos unha selección de fondos relacionados co Samaín, outono, magosto... e podedes vela onda a entrada da biblio.
Unha pequena mostra:
Ide botando contas que a ANPA xa trouxo os calacús para que adiviñedes o seu peso, mirade que ben lle quedou:
Liatantoscontos
Traballo sobre as partes dos muíños realizado polos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
traballo muíños.flv | 55.56 MB |
CONVIVIO O FOXO-CODESEDA
O pasado martes 28 de abril achegámonos a colexio de "O Foxo" para pasar unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do colexio. Pasámolo xenial! Cantamos, vimos obras de teatro e fixemos xogos populares. Esta foi a canción coa que lle agasallamos aos nosos amigos e amigas!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CONVIVIO.flv | 8.2 MB |
Celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Anónimo — Lun, 23/03/2015 - 13:03
O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA MUNDÍAL DA POESÍA, como foi sábado, no Cole celebrámolo o luns 23.
Preme aquí para acceder á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova.
Ao longo do día, na entrada, antes de sair ao patio, antes de ir ao comedor... os alumnos e alumnas do centro foron recitando poemas, aquí tendes unhas imaxes:
A profe Bea presentando o acto e os de 3º e 4º preparadísimos para recitar... | Os nenos e nenas de 4 e 5 anos a puntiño de cantar o seu poema. |
Alumnos/as de 3º e 4º recitando os seus poemas! | Os de 1º e 2º inventaron poemas empregando os seus nomes. |
Alumnos/as de 5º e 6º recitando os seus poemas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »