O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 14 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 9 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 9 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 9 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 20 semanas |
Hoxe no noso cole tivemos a sorte de contar coa visita de Susana Sánchez Aríns
integrante da ONG "IMPLICADAS", unha ONGD galega, crítica e feminista que basea o seu
traballo na procura da igualgade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable.
Aquí vos amosamos unha mostra do seu paso polo noso centro.
Alumnos/as coas prendas típicas das mulleres de Tiruchy (India)
Durante toda a semana ,previa ás Letras,todas as aulas traballaron o autor de este ano,Carlos Casares.
Dende a Biblioteca tivemos unha exposición dos libros de este autor a disposición de todo o alumnado.
Algúns grupos fixeron murais referentes ao autor e á súa obra, que expuxemos no recanto de lectura ,que temos á entrada do cole.
Celebramos o Día da POESÍA!!
Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.
MOITAS GRAZAS DAVID!
Celebramos o DÍA DA PAZ cunha adaptación do poema de Gloria Fuertes "Tres letras" e coa música do grupo galego "Cuarteto Caramuxo"
Este mércores, 8 de xuño, recibimos a visita do CEIP do Foxo para participar nunha xornada de convivencia entre os dous centros. O seguinte PDF é unha pequena mostra de todo o vivido ese día.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convivio 16.pdf | 28.49 MB |
Se picas nos seguintes enlaces, poderás ver os distintos traballos sobre o mel que realizaron os alumnos/as de 5º e 6º.
https://prezi.com/hwpgfrh8c2tj/a-cultura-do-mel/
https://prezi.com/7npzn1-bmhsm/o-sabor-do-mel/
https://prezi.com/_d1ouwrrthnn/a-historia-do-mel/
https://prezi.com/i2khvjevd7g0/os-remedios-da-avoa/
Hoxe, xoves 26 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Manuel María debían incluír as palabras ORBALLO e GAIOLA.
O pradriño desta edición será o escritor e mestre estradense David Otero e será amenizado coa música do grupo estradense NAI.
O pasado venres presentouse o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Como novidade nesta III edición, a publicación inclúe 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Nesta imaxe vemos os premiados e premiadas do noso cole.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »