O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 10 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 16 semanas |
Vai facer un ano que recibimos a visita de Braulio dos Bolechas para celebrar o "DÍA MUNDIAL DA RADIO".
Estivemos encantados/as con Braulio e demostrámoslle que sabemos moitas cousas deste medio de comunicación tan importante.
Podedes ver o programa picando na imaxe.
Termina un ano difícil e moi distinto ao que calquera puidera imaxinar. As celebracións destes días tamén han de estar condicionadas pola evolución da pandemia mais non podemos deixar pasar a oportunidade de desexarlle a toda a nosa comunidade educativa que siga mantendo a ilusión e forzas para afrontar estas dificultades.
Por suposto tamén queremos aproveitar a oportunidade para agradecer a axuda e comprensión prestada para saír adiante nesta situación. Agradecemos ao alumnado polo seu exemplar compromiso coas normas e por facilitar o desenvolvemento do curso e ás familias pola colaboración e confianza que nos deron nesta nova e esixente realidade.
Por último, estimamos moito o valioso apoio do resto da comunidade educativa para poder rematar o trimestre coa nula incidencia do virus no noso centro.
Cos nosos mellores de desexos de paz, saúde e ilusión para o vindeiro 2021.
O equipo directivo
|
|
Hoxe recibimos no centro unha fermosa visita. O colectivo feminista Deza - Tabeirós quixo homenaxear á gran Rosalía de Castro dun dos xeitos máis orixinais e creativos. Un grupo de mulleres da nosa zona deseñou e creou un fermoso tapiz usando diferentes técnicas artísticas para que o puidesen desfrutar en exposición canta máis xente mellor.
A iniciativa consiste en que esta bela creación viaxe polos diferentes centros educativos do noso concello estando exposto nun lugar visible polo menos unha semana, para despois continuar o percorrido polos demais centros. Era unha actividade xa programada no curso pasado pero que ao igual que outras máis foi adiada polo confinamento ao que toda a poboación foi obrigada.
Comezamos nós pois, co orgullo e fachenda de darlle a merecida publicidade ás nosas grandes artistas, entre elas á coidadora do noso centro, Pili Torrado, que tamén participou na súa elaboración.
A situación deste ano non permite tampouco o desfrute pleno desta obra pois as visitas ao centro para as familias están restrinxidas, pero conformámonos con que poidades valorar e agradecer o traballo destas grandes creadoras. PARABÉNS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »