O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 13 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 8 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 8 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 8 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 19 semanas |
O novo curso comenzámolo con moitas ganas de traballar, por iso o primeiro que fixemos foi limpar os bancais, tarfa a cargo dos maiores para que logo os de 1º e 2º plantaran aromaticas. Desfrutamos tanto ou máis que nun día de festa.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
NÓS TAMÉN CREAMOS!
O alumnado de infantil do noso cole participou no concurso Nós tamén creamos!
promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística
e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación
Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora.
A voda do galo Pinto! foi o conto escollido a partir do cal realizamos a nosa curta de animación.
COMPARTÍMOLO CON VÓS!>
O noso cole participou no concurso "Vindevídeos" con motivo da chegada a Galicia do Pergamiño Vindel.
Aquí tedes o vídeo do concurso.
O pasado 17 de maio, conmemorando o día das letras galegas, unha pequena representación de alumnado do centro coas súas familias, asistiu a unha xuntanza organizada pola ANPA do noso centro e na que recitaron poesías e danzaron arredor do maio elaborado entre membros da ANPA (a estrutura) e o propio alumnado do centro. Nesta parte, aínda que colaborou o profesorado, todo o alumnado do centro participou na xornada do mércores 16 na confección da base de verde da estrutura xa facilitada pola ANPA, e por suposto na colocación dos adornos e no acabado final. Quedou moi lucido e ai vos deixamos unha pequena mostra, tanto do traballo no centro como sobre todo da festa do día das Letras Galegas en Callobre. Bo traballo rapaces e rapazas!
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole. Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples. A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
video recortado 1º e 2º.flv | 3.31 MB |
3º nivel.flv | 6.14 MB |
4º.flv | 5.53 MB |
5º e 6º.flv | 6.13 MB |
Final.flv | 28.97 MB |
Hoxe no noso cole tivemos a sorte de contar coa visita de Susana Sánchez Aríns
integrante da ONG "IMPLICADAS", unha ONGD galega, crítica e feminista que basea o seu
traballo na procura da igualgade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable.
Aquí vos amosamos unha mostra do seu paso polo noso centro.
Alumnos/as coas prendas típicas das mulleres de Tiruchy (India)
Durante toda a semana ,previa ás Letras,todas as aulas traballaron o autor de este ano,Carlos Casares.
Dende a Biblioteca tivemos unha exposición dos libros de este autor a disposición de todo o alumnado.
Algúns grupos fixeron murais referentes ao autor e á súa obra, que expuxemos no recanto de lectura ,que temos á entrada do cole.
Celebramos o Día da POESÍA!!
Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.
MOITAS GRAZAS DAVID!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »