Pinguiñas 2022Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!! ( categories: )
OUTRA ESCOLA É POSIBLEO pasado 16 de xuño fomos convidados a participar nunha mesa redonda programada dentro do curso de verán de Manos Unidas, que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC, na cal nos pediron que compartiramos a maneira de traballar que temos no centro. Estamos moi orgullosos do interese suscitado polo noso traballo e queremos compartir con vós a presentación que levamos a esta mesa redonda: Mesa redonda: A escola fronte ás desigualdades sociais Moderador: Javier Riádigos Couso, investigador de Ciencias da Educación na USC. Clicade na imaxe para poder ver a presentación:
|