Septembro 2022

Xogamos ao balonmán!

Hoxe, mércores 28 de setembro, todos os alumnos de educación primaria tiveron a gran sorte de gozar dunha sesión de xogos físico-lúdicos e introductorios ao balonmán con 2 adestradores da "federación galega de balonmán".

Foi unha xornada na que os discentes disfrutaron moito! estiveron activos, respetaron as normas dos xogos, colaboraron a nivel individual e grupal, coñeceron normas deste deporte, traballaron aspectos técnicos, pero sobre todo pasarono moi ben e motiváronse a coñecer este deporte.

Moitas gracias por ser tan participativos/as campións!

( categories: )

Benvidos ao curso 2022-2023!

O curso escolar 2022-2023 ven cargado de moitas novidades que farán que sexa un ano moi especial e motivador!

A actividade física e deportiva vai seguir sendo un piar fundamental na nosa práctica docente diaria, con hábitos de vida saudables e proactivos.

A primeira novidade vai ser a organización dos recreos no patio. Os discentes van a ser os encargados, con quendas, de velar do coidado do material das actividades propostas para cada día da semana. As actividades son diferentes, moi diversificadas, co obxectivo de que amplíen as súas actividades lúdicas máis aló dos deportes "típicos", probando xogos novos e descubrindo as distintas posibilidades dos mesmos.

Esta organización tamén fomenta a responsabilidade e o bo uso do material, facéndose eles mesmos cargo de que volva ao seu sitio despois do tempo de lecer e asumindo as consecuencias "sancións" de non ser o caso.

Confío moito en todos vós! Comezamos queridiños/as!