PVAD, VIDA ACTIVA

Xogos tradicionais antes das vacacións

Para dar por finalizado o segundo trimestre levamos a cabo unha xornada de xogos tradicionais con todos os alumnos do colexio: infantil e primaria.

Gozamos da diversión dos mesmos, de compartirlos cos compañeiros e disfrutamos e pasamos un tempo agradable movéndonos e manténdonos activos. As propostas de xogos estaban en 6 estacións cun tempo mínimo establecido para cada unha e cambiando de xeito rotatorio.

Os xogos propostos foron: roubar cintas dos sacos dos compañeiros, birlos, petanca, un circuito de aro con guía, carreira de ovos de pascua e culleres cos pés atados e lanzamento a un cono.

 

Qué ben o pasamos e canto nos movemos!

 

 

Tags: movéndonos, PVAD, VIDA ACTIVA, Xogos tradicionais

Memory de mulleres deportistas

O 8 de marzo, día da muller, conmemorámolo realizando un memory de mulleres deportistas. Con esta proposta de actividade, encadrada dentro do Plan de Vida Activo e Deportivo, permitiulles coñecer figuras femeninas relevantes de deportes pouco coñecidos, así como achegarse á gran diversidade de deportes existentes tales como: natación sincronizada, motociclismo, boxeo, augas bravas, taekwondo, rugby...etc

Deste xeito pretendemos manternos activos mediante o movemento e a actividade física, debían de emparellar as tarxetas realizando unha carreira, e reflexionar sobre a pouca difusión e coñecemento do xénero feminino no ámbito deportivo.

 

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Festival de Nadal bailarín

Para festexar o final do primeiro trimestre levamos a cabo varias coreografías de temática navideña que os discentes amosaron as súas familias o día do festival de Nadal, o xoves 22 de decembro.

Por unha banda, os educandos de 1º e 2º de EP movéronse ao ritmo de Mariah Carey e a súa canción "All I want for Christmas is you" empregando un paraugas durante o baile. Por outra banda, os discentes de 6º decantáronse por coreografiar un anaquiño da película musical de Grease.

Moitas gracias polo esforzo e a implicación campións!

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

Comeza o mundial de fútbol en Codeseda!

Hoxe empezamos un mundial de fútbol moi particular!

Prolongarase durante toda a semana mediante a realización de distintas propostas relacionadas co deporte, onde se incrementarán os retos e a dificultade dos mesmos.

Para dar inicio a este evento lúdico-deportivo comezouse pola inaguración, festexandoa por todo o alto: acendido de antorchas, desfile de deportistas, actividades que precisaban de destrezas e habilidades técnicas, lanzamentos de precisión, equilibrios, carreiras de velocidade, coordinación dinámica xeral, coordinación óculo-podal e manual... etc.

Moitas gracias pola vosa participación e entusiasmo campións!

  

  

  

Tags: FUTBOL, MUNDIAL DE CODESEDA, PVAD, PVAD, VIDA ACTIVA

Benvidos ao curso 2022-2023!

O curso escolar 2022-2023 ven cargado de moitas novidades que farán que sexa un ano moi especial e motivador!

A actividade física e deportiva vai seguir sendo un piar fundamental na nosa práctica docente diaria, con hábitos de vida saudables e proactivos.

A primeira novidade vai ser a organización dos recreos no patio. Os discentes van a ser os encargados, con quendas, de velar do coidado do material das actividades propostas para cada día da semana. As actividades son diferentes, moi diversificadas, co obxectivo de que amplíen as súas actividades lúdicas máis aló dos deportes "típicos", probando xogos novos e descubrindo as distintas posibilidades dos mesmos.

Esta organización tamén fomenta a responsabilidade e o bo uso do material, facéndose eles mesmos cargo de que volva ao seu sitio despois do tempo de lecer e asumindo as consecuencias "sancións" de non ser o caso.

Confío moito en todos vós! Comezamos queridiños/as!

  

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA, Educación física

MELLORAMOS A NOSA FLEXIBILIDADE

Para seguir traballando os contidos adquiridos nas sesións do MUSE adicamos unha sesión de Educación Física a dar continuidade ao aprendido nas mesmas.

Para acadar este obxectivo usamos 2 dados:

- un para as posturas básicas de ioga tales como: cobra, ponte, xoaniña, can, triángulo e a do golfiño.

- e outro para adentrarnos no traballo por parellas do acrosport. Con un total de 6 posicións sinxelas e nas que se traballa a flexibilidade, equilibrio, coordinación, diálogo e a comunicación.

Estas actividades foron moi motivadoras e dinámicas, participando e amosando un gran interés pola realización correcta das posturas.

Seguide así campións!

 

  

  

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA