Xuño 2017

Valores no Deporte

O alumnado de 3º e 4º decorou estos carteis sobre distintos valores do deporte, logo expuxémolos nas escaleiras que dan acceso as aulas.

( categories: )

Educación Vial

Dentro do PDC decidimos iniciar ao alumnado de infantil na Educación Vial. Preparamos un divertido xogo no que simulaban distintos papeis:  vehículos, peóns, policías, etc. Foi un primaira introdución que resultou moi satisfactoria.

XOGOS POPULARES

Para traballar os xogos populares galegos, os nenos e nenas de 5º e 6º curso prepararon varias sesións para os alumnos/as de infantil. Esta actividade tivo tres fases :

_ Búsqueda de información.

_ Práctica dos xogos e creación do material preciso con elementos de refugallo.

_ Explicación e posta en práctica nos recreos.

LOITA OLÍMPICA

O Clube Keltoi de Vila de Cruces achegouse ao noso centro para darnos a coñecer algunhas caracterísitcas deste deporte. Puidemos realizar distintos xogos que despois nos serviron para participar por equipos no CEIP Pérez Viondi.

Aquí tedes algunhas fotos do día que viñeron a Codeseda.

 

A continuación vedes as probas o día que competimos co Ceip Pérez Viondi de A Estrada

( categories: )

ATLETISMO EN PISTA

O atletismo é un deporte que inclúe moitas modalidades. É por iso que permite ao praticantes experimentar distantas probas para avaliar o seu rendemento. Nós estivemos, un ano máis, nas pistas de Cuntis para participar nas probas de 4x60m (relevos), 60 m lisos, lanzamento de peso e vórtex, salto de lonxitude e 500 m. Acudimos con dous equipos que competiron contra outros colexios da contorna.

Deixámosvos unha mostra das actividades.


Sobre rodas

Xa sabemos da importancia de traballar as habilidades motrices básicas na Primaria. Do mesmo xeito, nos últimos anos estase a observar un aumento do sedentarismo na poboación infantil. E por iso que decidimos realizar varias sesións na que o alumnado trouxo todo tipo de patíns.

( categories: )

Bádminton escolar

Enviado por Anónimo o Xov, 01/06/2017 - 14:21

Como colofón ao Torneo que levamos a cabo durante os recreos de xaneiro e febreiro, decidimos participar nesta actividade organizada polos compañeiros de A Estrada. Desprazámos 5 alumnos de cada categoría e modalidade: alevín/ benxamín, maculino/feminino.

( categories: )