Día Internaciónal do Orgullo LGTBI

 

 

          O Día do Orgullo Gay celébrase en todo o mundo para promover a tolerancia, a igualdade de dereitos ante a lei, a non discriminación e a dignidade das persoas LGTB.

          Escolleuse o 28 de xuño porque nesa data conmemóranse os disturbios de Stonewall (Nova Iorque, EEUU) en 1969 que marcan o inicio do movemento de liberación homosexual.

          A marcha do orgullo máis importante en Europa é a de Madrid (MADO), no barrio de Chueca, con máis dun millón de asistentes cada ano. No continente americano destaca a marcha de São Paulo así como a de Toronto, San Francisco e Cidade de México.

          A bandeira coas cores do arco da vella é un dos símbolos máis recoñecidos do colectivo LGTBI para defender os seus dereitos. Dende principios dos anos 70 do século pasado, constituiuse como elemento para denunciar a discriminación por identidade ou orientación sexual.

          A primeira bandeira tiña oito cores (agora ten seis) e está inspirada na canción "Over the rainbow", de Judy Garland. As súas cores pretenden representar a diversidade existente no colectivo LGTBI. As cores orixinais eran rosa, vermello, laranxa, amarelo, verde, turquesa, añil e violeta. Pouco despois suprimironse o rosa e o turquesa pola dificultade de produción nas fábricas da época.

          Cada cor ten un significado: vermello, vida; laranxa, saúde; amarelo, luz do sol; verde, natureza; azul, serenidade; violeta, espírito.

          Na semana do 14 ao 18 de xuño conmemoramos o Día do Orgullo no centro. Colocamos no pulso cintas coas cores da bandeira, decoramos o centro con banderíns, lemos contos de temática LGTB, visualizamos videos e curtametraxes, falamos do significado das cores...

 

17 de maio, día das Letras Galegas.

En conmemoración á nosa literatura, cultura e lingua galega , Xela Arias é a homenaxeada este ano ( Sarria, 1962-  Vigo, 2003 ). É a quinta muller á que se lle adica as Letras Galegas . Destaca por renovar a poesía galega e ser pioneira de clásicos nos anos oitenta. Se queredes saber máis sobre a súa vida e obra recomendámosvos acceder a: https://portaldaspalabras.gal/ ou https://primaveradasletras.gal/xela-arias-o-mundo-escribese-con-x/

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS!

 

DÍA DA E.F. NA RÚA ( 28 DE ABRIL)

Da man de Fran Flórez, profesor de E.f. xurdiu a iniciativa de #DEFC o día que decidiu saír á rúa con todos os seus alumnos para impartir as clases. O seu obxectivo foi mostrar a importancia desta materia e o desfrute da mesma. Mediante ela, preténdense crear uns hábitos saudables e un estilo de vida activo.

Realizar actividade física aporta beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Na actualidade estámosnos encamiñando hacia conductas máis sedentarias polo que calquera iniciativa, actividade, rutina que nos achegue a un estilo de vida máis activo e saudable será proveitosa para o noso crecemento persoal.

En homenaxe ao curso de 6º deixámosvos dúas das actividades ao aire libre deste curso: as figuras de Acrosport e unha mariola que elaboraron para xogar todos os cursos ;)

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor


O 23 de abril escolleuse como Dia Internacional do Libro xa que coincide co pasamento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, os tres no ano 1616.

En 2001, por iniciativa da UNESCO nomeouse a Madrid, capital mundial do libro. Dende entón, cada 23 de abril un comité de selección escolle diferentes cidades que realizan durante o ano distintas actividades culturais relacionadas co libro.

Este ano, 2021, a cidade elixida é Tiflis (Georgia) e o seu programa céntrase no uso de tecnoloxías modernas como ferramentas poderosas para promover a lectura entre os máis novos.

O seu lema é: Ok, entón o teu próximo libro é...?

O obxectivo principal da cidade é popularizar a lectura e aumentar a accesibilidade aos libros para toda a sociedade.

O Día do Libro é un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nenos e nenas como lectores e promover o amor pola literatura.

     "Se non che gusta ler é porque aínda non deches co libro axeitado"  J.K. Rowling

 

Día Internacional da Terra

Restaurar a nosa Terra

 

Thank you Lindsay

A idea de adicar un día ao noso planeta foi do senador Norteamericano Gaylord Nelson quen, xa en 1968 quería concienciar sobre os problemas de superpoboación e a necesidade de preservar os ecosistemas. Así, xunto a Denis Hayer conmemorouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril de 1970.

Este ano, o comité organizador decidiu organizar tres días de actividades do 20 ao 22 na denominada Semana da Terra co fin de concienciarnos sobre o cambio climático, contaminación atmosférica ou a deforestación.

O lema deste ano 2021 é "Recuperemos a  Terra" é todo un chamamento a reducir o impacto das nosas accións sobre o planeta ao tempo que nos recuperamos como especie da crise sanitaria da COVID-19.

Hai programadas un montón de actividades e accións por todas partes, como limpeza de praias, repoboación forestal, recollida de residuos... organizadas por asociacións diversas pero individualmente tamén podemos axudar recollendo o lixo cando imos de paseo, reciclando na nosa casa os envases, papel, vidro... E sobre todo reducindo no posible a produción de lixo.

This year, from the 20 to the 22, it is "Earth Week". The main aim of this, is to make citizens aware of the importance it is to look after our planet, to make us aware of how changing our everyday habits we can help protect the ozone layer, reduce pollution and the deforestation.

The slogan for this week is " Let's recuperate the earth".

During this week there are many activities that have been organised like: picking up rubbish, cleaning the beaches, planting trees. Apart from that, we can also help by picking up plastic, trash, bottles etc when we go for a walk, by recycling at home and reducing rubbish.

Mothernature needs a helping hand and that helping hand is ours!

 

 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sufren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida.

A campaña de 2020 e que continúa neste 2021, céntrase no lema "Podo aprender, podo traballar". Reivindícase un esforzo por parte de autoridades e sociedade á hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade para que as persoas con autismo poidan optar a un traballo remunerado e ser o máis autónomos e independentes posible.

 

Para isto precisamos de un cambio de mentalidade na sociedade para apoiar as necesidades, capacidades e prioridades das persoas con TEA, crear e manter os servicios de apoio precisos e promover a accesibilidade do colectivo en todos os ámbitos da sociedade.

Fai un xesto polo autismo!

Preme nas seguintes ligazóns para ver os vídeos

Fai un xesto polo autismo!

 

#DíaMundialAutismo

 

 #azulízate

 

 

Día Internacional do Libro Infantil 2021

 

 

          

 

 

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data na que naceu o escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young people) chama á celebración do Día Internacional do Libro Infantil coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

 

Este ano, a sección patrocinadora e a de Estados Unidos (USBBY) que difunde a mensaxe de Margarita Engle co título de "A música das palabras" ilustrado por Roger Mello

                                  

 Cando lemos, á nosa mente lle medran ás.

Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

Margarita Engle

 

 

Monte, río, mar

Hoxe, venres 26 de marzo, e como remate do 2º trimestre do curso, o alumnado e profesorado de Primaria fomos estirar as pernas.

Uns paseamos polo monte, outros fomos pola beira do río e outros mollamos os pés na auga do mar. 

O bo tempo acompañounos e pasámolo xenial!!!

 

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O Síndrome de Down é unha alteración xenética causada pola existencia de material xenético extra no cromosoma 21 chamado trisomía 21. O día 21 do mes 3, úsase para simbolizar esa trisomía.

Así, o 21 de marzo celébrase, dende o ano 2012, o Día Mundial do Síndrome de Down co obxectivo de crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas así como reivindicar as súas aportacións, dereitos e independencia para a toma das súas propias decisións e crecemento persoal.

O ano pasado, o lema foi "Decidimos", co obxectivo de que as persoas con Down poidan ter unha participación plena na toma de decisións sobre asuntos que lles afecten. Este ano querese acadar que poidan conectarse e participar en igualdade de condicións cos demais en todos os ámbitos da vida. 

Conectámonos para poder:

  • Compartir ideas, experiencias e coñecementos.
  • Empoderarse mutuamente para avogar pola igualdade de dereitos para as persoas con síndrome de Down.
  • Chegar ás partes interesadas clave para acadar un cambio positivo.

 

Un montón de calcetíns, é unha campaña para visibilizar ás persoas con síndrome de Down. Animádevos tamén e compartide fotos dos vosos pés vestidos con calcetíns diferentes de cores vivas!!