![]() |
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2023
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
21 DE MARZO
|
|
Cada 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. A UNESCO adoptou por primeira ver este día no ano 1999 en París, na 30ª Conferencia Xeral. O tema deste ano 2023 é "Sé sempre un poeta, incluso en prosa" (verso do poeta francés Charles Baudelaire).
Neste curso no que Escribimos a Biblioteca Escolar, quixemos animar a todo o alumnado e profesorado a crear. E que mellor que facelo conmemorando o Día da Poesía. Un día para ler, escoitar, recitar, cantar e sobre todo escribir e crear.
8 de Marzo
DÍA DA MULLER
Un curso máis conmemoramos o 8M con diversas actividades nas aulas con cada grupo así como colectivas elaborando exposicións que todos poidan ver.
Este ano ademais da selección de libros, quixemos emular a icónica imaxe "We can do it!" (Nós podemos facelo!) e fixemos un recanto fotográfico onde todas e todos nos vestimos e adoptamos a postura da muller da imaxe. Tamén fixemos unha exposición de bonecas elaboradas polo alumnado ou traídas da casa onde nós mesmas nos vemos representadas coas profesións que cada unha intentará desenvolver.
![]() |
![]() |
![]() |
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro compartindo co alumnado propostas de actividades de diferentes organismos e asociacións coas que pretendemos coñecer un pouco máis a vida e obra da autora.
Algúns alumnos e alumnas de 5º curso de primaria, quixeron aportar a súa visión da autora cuns orixinais e fermosísimos debuxos que non podemos deixar de compartir neste espazo.
A AELG ademais, propón dende 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e unha flor ás amizades e seres queridos.
O lema escollido para este 2023 foi: #cumpriuseaxustiza e Carme Adán a persoa escollida para a realización do manifesto que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.
#rdc_2023#cumpriuseaxustiza
11F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Dende o 2015 este é o día establecido pola ONU para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía. A finalidade é que as mulleres e as nenas acaden o acceso e participación plena e equitativa na ciencia así como a igualdade de xénero e o empoderamento.
Para máis información preme nos seguintes enlaces:
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2023
MARÍA ANTONIA DANS (1922-1988)
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o día da ilustración, que este ano está adicado a María Antonia Dans, referente do neoexpresionismo. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais. O seu estilo a miúdo se cualificou de naïf.
Reivindicamos así o traballo das mulleres no mundo da ilustración e a arte galega.
O cartel deste ano ademais, foi elaborado polo xenial Siro, debuxante e pintor; xornalista e caricaturista; escritor e ensaísta.
CASTELAO 2023
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1886-1950)
|
![]() |
Un novo curso e seguimos aprendendo novas cousas sobre un dos maiores persoeiros da nosa cultura.
Se o ano pasado descubrimos obras e artigos que Castelao tiña feito sobre o Camiño de Santiago e o Apóstolo, nesta ocasión que traballamos a gastronomía atopamos debuxos onde reflicte a necesidade que había na época cando debuxa uns nenos desexando unha lotería para poder mercar unha barra de pan, ou os vellos que se laian de non ter tomado ese día nin chourizo nin vermú, ou ese neno ao que lle escacha a botella de viño e pensa na tunda que vai levar ao chegar a casa, ou ese pai xa vello que lle pregunta ao fillo porqué quere marchar, se teñen pan no forno...
Calquera temática que poidamos abordar dende o centro será unha grata excusa para coñecer un pouco máis ao artista, ao político, escritor, caricaturista, ilustrador, debuxante, ao pintor.
Tamén, no museo de Pontevedra, gardanse uns menús dun xantar no Casino onde Castelao pintou as caricaturas dos comensais que asistían.
Cos debuxos escollidos do Album Nós, de Cousas da vida ou Cousas de nenos aproximarémonos un pouquiño máis. Copiando, coloreando, poñendo títulos
Alumnado de 6º primaria
BO NADAL
Mouchiñas e mouchiños!!! Este ano toca papar libros!!!! De poesía, teatro, banda deseñada... De aventuras, ciencia ficción, históricos....
Elaborade o voso menú: un conto lixeiro de entrante, un bo texto consistente como prato principal e de sobremesa? Uns doces de poesía?
Cada quen cos seus gustos culinarios / literarios!!! Sexa como sexa, non deixedes de ler!!
Preme aquí para ver as recomendacións lectoras deste ano.