2023-2024

Club de Ciencias 23-24

Algunhas das experiencias realizadas no Club de Ciencias durante este curso:

 

 

LGTTTBIQ

 

Un ano máis celebramos no centro o Día Internacional do Orgullo LGTB con actividades que axudan a fomentar o respecto polas diferentes identidades de xénero existentes e en moitos casos reprimidas.

Aproveitamos os días solleiros para rematar de pintar as vallas exteriores  e repasar as que xa estaban, fixemos un obradoiro de pulseiras coas cores da bandeira LGTB, tivemos un "probador" cun montón de roupa que puidemos poñer libremente sen analizar se a prenda era "masculina ou feminina" e que tivo moitísimo éxito e seleccionamos varios títulos de libros do fondo da biblioteca e que o alumnado puido ler nas aulas, no patio ou levar a casa.

 

 

Formalización de matrícula curso 2024-2025

O prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 está establecido do 20 ao 30 de xuño de 2024.

Este proceso só é de aplicación para o alumnado de nova admisión.

Deberase presentar no centro:

  • Impreso de formalización cuberto e asinado (ver adxuntos).
  • Parada de transporte escolar solicitada. (ver adxuntos)
  • Dúas fotos tipo carné co nome do alumno/a por detrás.
  • Se dispón del, e non presentou anteriormente, copia do DNI do alumno/a.
  • Copia da cartilla de vacinas.
  • Copia da tarxeta da seguridade social.

 


 

A ANPA Fonte da Revolta, de forma simultánea, abre tamén o prazo para a reserva de prazo no servizo de comedor. 

Nos documentos adxuntos podedes atopar tamén o formulario de reserva.

A solicitude de comedor deberá entregarse en administración nun sobre pechado co nome do alumno/a por fóra.

 

17 de Maio

DÍA DAS NOSAS LETRAS

Este ano, o Día das Letras está adicado á figura de Luisa Villalta e nas aulas estivemos aprendendo moito sobre a súa vida e sobre todo, as cousas que fixo a prol da nosa lingua.

Traballamos as letras con este pasapalabra tan maravilloso que idearon as compañeiras do departamento de dinamización da Lingua Galega e aprendemos unha chea de vocabulario novo que non coñeciamos!!

 

Axudas para adquisición de libros e material escolar 24-25

AXUDA PARA LIBROS:

  • Adquisición de libros -> Alumnado de 1º e 2º de primaria, alumnado con discapacidade recoñecida e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Libros prestados polo centro -> Alumnado de 3º e 4º de primaria. 
    • 5º e 6º son cursos eDixgal, polo que serán automaticamente excluídos da axuda para libros.
  • Poderá solicitar as axudas o alumnado ADMITIDO para o vindeiro curso 2024-2025, non é necesario que teñan formalizada a matrícula.

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

  • Todos os cursos de primaria

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • Ata o 21 de xuño de 2024

REQUISITOS

  • Devolver, en bo estado, os libros utilizados durante este curso (3º e 4º de primaria)
  • Cumprir cos valores de renda especificados na ORDE 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Impresos de solicitude (Anexo I e Anexo II). Poden descargarse de aquí, ou recollerse no centro.
  • Documentación complementaria (figura na solicitude).
  • Entregar a solicitude xunto coa documentación
    • No centro, de xeito presencial ou
    • De xeito telemático, a través da aplicación.

 

OS MAIOS

 

    MAIÑO MAIO

         Os maios celebran a chegada da primavera e era tradicional colocar unha ramiña de xesta nas embarcacións, nas portas das casas, nos carros e arados (agora nos coches). En Galicia teñen moita tradición ainda que en algúns lugares foron desaparecendo.

         Este curso quixemos recuperar esta tradición recollendo flores e formando un gran maio que colocamos no centro da pista e creando cantigas para logo interpretalas arredor del.

         O alumnado aprendeu a enfiar as flores, fiúnchos e bugallos para así formar as grilandas que despois se colocaron no maio.

 

 

23 de abril

DÍA DO LIBRO 2024

 

 

Un ano máis conmemoramos o Día Mundial do Libro e os dereitos de autor coa realización de diversas actividades relacionadas cos libros e a lectura: Realización de chapas, apadriñamento lector, contacontos na biblioteca, obradoiros de marcapáxinas...

Dende a biblioteca do cole, o noso amigo Merlín convída a todos e todas a escoller un libro e disfrutalo con todos os sentidos: mirar os debuxos (se os ten), tocalo, arrecendelo, saborear as historias que conta e escoitar o son das páxinas ao pasar.

Animádevos a ilustrar, a contar, a ler... 

                 

 

 

 

Alumnado admitido

Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas para os seguintes cursos:

  • 4º educación infantil
  • 2º educación primaria

A formalización de matrícula para o alumnado admitido ten que facerse entre o 20 e o 30 de xuño. Con suficiente antelación as familias recibirán instrucións por correo electrónico e a través desta páxina web.

 

Novas solicitudes de admisión

O prazo de presentación para as novas solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

No seguinte enlace atópase información sobre as formas de presentación da solicitude:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Se decide cubrir e presentar a solicitude de xeito manual pode descargar o impreso do seguinte ENLACE e presentalo cuberto no centro (este impreso só é valido para este centro).

 

Documentación que debe acompañar a solicitude AQUÍ.

Se houbese que baremar (máis solicitantes que prazas ofertadas) requiriríase a presentación de documentación adicional.