Dinamización da lingua galega

DÍA DE ROSALÍA

00/00/

                      

 Un ano máis conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro compartindo co alumnado propostas de actividades de diferentes organismos e  asociacións coas que pretendemos coñecer un pouco máis a vida e obra da autora.

Algúns alumnos e alumnas de 5º curso de primaria, quixeron aportar a súa visión da autora cuns orixinais e fermosísimos debuxos que non podemos deixar de compartir neste espazo. 

         A AELG ademais,  propón dende 2010 á cidadanía que agasalle cun   libro en galego e unha flor ás amizades e seres queridos.

         O lema escollido para este 2023 foi: #cumpriuseaxustiza e Carme Adán a persoa escollida para a realización do manifesto que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.

#rdc_2023#cumpriuseaxustiza

     

CASTELAO 2023

00/00/

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1886-1950)

  

                        

  

 

                       
   

                      

       Un novo curso e seguimos aprendendo novas cousas sobre un dos maiores persoeiros da nosa cultura.

 

        Se o ano pasado descubrimos obras e artigos que Castelao tiña feito sobre o Camiño de Santiago e o Apóstolo, nesta ocasión que  traballamos a gastronomía atopamos debuxos onde reflicte a necesidade que había na época cando debuxa uns nenos desexando unha lotería para poder mercar unha barra de pan, ou os vellos que se laian de non ter tomado ese día nin chourizo nin vermú, ou ese neno ao que lle escacha a botella de viño e pensa na tunda que vai levar ao chegar a casa, ou ese pai xa vello que lle pregunta ao fillo porqué quere marchar, se teñen pan no forno...

        Calquera temática que poidamos abordar dende o centro será unha grata excusa para coñecer un pouco máis ao artista, ao político, escritor, caricaturista, ilustrador, debuxante, ao pintor.

        Tamén, no museo de Pontevedra, gardanse uns menús dun xantar no Casino onde Castelao pintou as caricaturas dos comensais que asistían.

         Cos debuxos escollidos do Album Nós, de Cousas da vida ou Cousas de nenos aproximarémonos un pouquiño máis. Copiando, coloreando, poñendo títulos

Alumnado de 6º primaria

      

SEMANA DE CASTELAO 2022

00/00/

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO  (1886-1950)

    Polifacético novelista, debuxante, pintor, dramaturgo, ensaísta, teórico da arte e político, sempre reflectiu na súa obra o seu compromiso co galeguismo e coa solidariedade.      
      E neste ano no que seguimos celebrando o Camiño de Santiago, atopamos que o 25 de xullo de 1926 publicou tres debuxos do Apóstolo caracterizado de tres xeitos diferentes: O Santiago peregrino, o Santiago Matamouros e o Santiago Patriarca, sentado en maxestade, un bastón na man esquerda e un pergamino na dereita.     

                

 

      Previamente xa elaborara un bocexo para o cartel do Ano Santo de 1909 que se atopa na colección de Teresa R. Castelao.

 

 “Cheguéi a Paris (...). Vivo no burgo dos estudantes, Rue Cujas, 9-5ºA., no Hotel Saint-Michel, e teño unha morriña que me esmaga. Sain da casa por facer pernas e cheguéi á Ile de la cité onde Notre Dame doume un fondo estremecimento de arte ollándoa, ou mellor dito adeviñándoa, antre a brétema coma un mostro de ferro enferruxado”.

     O 26 de xaneiro de 1921 Castelao iniciaba así o seu Diario 1921, que redactou durante a súa viaxe de estudos a Francia, Bélxica e Alemaña e do que se cumpliron 100 anos. 

      

 

 

 

 

 

 

 

24 de febreiro, Día de Rosalía

00/00/

 

       

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

No CEIP Ana María Diéguez levamos varios anos celebrando este día con actividades para achegarnos a súa  vida e obra, compartindo co alumnado as propostas de diferentes organismos.

E un ano máis, dende o 2010, a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas. Este ano baixo o lema Teus doces cantares publica un manifesto da man de Ana R. Figueiredo, así como varias actividades interesantes e divertidas que veremos de realizar.

E rematando igual que o manifesto da AELG,

No xeito de nunca nós calar. Así hoxe no teu aniversario, habémoste cantar, Rosalía.

            #rdc_2021      #TeusDocesCantares

       

Manténdonos presentes na contorna.

00/00/

Da man da editorial Bululú achegámosnos aos nosos ancentros e coñecemos un pouco máis sobre os seres fantásticos da nosa terra. Para aqueles que teñan tempo e curiosidade lembrade que podedes facer percorridos virtuais polos nosos museos:     https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos

 

                   

                                   É tempo de restriccións pero tamén tempo de aprendizaxe, descubrimento e recollemento.

 

O Papagaio de xuño 2020

00/00/

Achegamos O Papagaio do mes de xuño

Botádelle un ollo que está moi interesante!!

 

 

Homenaxe dende a diáspora

00/00/

Da man de Marcos de la Fuente, o domingo ás seis da tarde, hai unha xuntanza na rede para conmemorar as nosas Letras Galegas. 

 

                                                                               

Maio, mes das flores

00/00/

OS MAIOS

Os maios é unha festa popular de orixes ancestrais na que se despide o inverno e se celebra a chegada da primavera. En Galicia celébrase habitualmente o 1º de maio ou o día 3 de maio (día da Santa Cruz), que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección.

A festa consiste en realizar unha escultura con herbas e  flores e cantar unhas coplas tamén chamadas maios. As persoas tamén adoitan adornarse con coroas, colares, puseiras feitas de flores.

Nós non imos elaborar ningún maio pero gustaríanos que para celebrar este mes das flores nos enviedes (ao voso titor ou titora) fotos de flores que teñades nas vosas casas en maceta ou na horta, co seu nome en galego (galego normativo ou como se coñeza pola zona). Con todas as fotos faremos un álbum que será publicado na galería de fotos do centro.

Se coñecedes algunha copla das que se cantaban antigamente, tamén podedes achegalas para elaborar unha pequena escolma.

 

 

 

 

Páxina de interese

00/00/

Un lugar para achegarnos á nosa cultura, á nosa lingua, á nosa historia: https://primaveradasletras.gal/