AXUDA PARA LIBROS:
- Adquisición de libros -> Alumnado de 1º e 2º de primaria, alumnado con discapacidade recoñecida e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Libros prestados polo centro -> Alumnado de 3º e 4º de primaria.
- 5º e 6º serán cursos eDixgal, polo que non poden solicitar axuda para libros.
- Poderá solicitar a axuda o alumnado ADMITIDO para o vindeiro curso 2023-2024, non é necesario que teñan formalizada a matrícula
AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR
- Todos os cursos de primaria
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- Ata o 21 de xuño de 2023
REQUISITOS
- Devolver, en bo estado, os libros utilizados durante este curso (3º e 4º de primaria)
- Cumprir cos valores de renda especificados na ORDE
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Impresos de solicitude (Anexo I e Anexo II). Poden descargarse de aquí, ou recollerse no centro.
- Documentación complementaria (figura na solicitude).
- Entregar a solicitude xunto coa documentación
- No centro, de xeito presencial ou
- Na sede electrónica da Xunta (opción preferible)