2022-2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

BiblioTEcuida

            

     

       Como en anos anteriores, este 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas  "Aptas para todos os públicos" que nesta ocasión terá o lema "BiblioTEcuida" destinado a destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, abertos e preocupados polas necesidades dos usuarios.

       As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía como un espazo para a lectura, unha lectura que cura tanto as capacidades cognitivas como o benestar e a saúde mental.

         As bibliotecas son un apoio no coidado de todas as persoas e fixeron súa a idea da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás. Así tamén exercen a súa labor de coidados en espazos coma hospitais ou centros penitenciarios.

                                                                                                

                      Xulia Vicente, galega, ilustradora e autora de cómics, foi quen se encargou do deseño do cartaz conmemorativo.

       Para axudar a difundir esta mensaxe, podedes utilizar nas vosas redes sociais as seguintes etiquetas:

#DíaDasBibliotecas

#DíaDasBibliotecas2022

#BiblioTEcuida

 

Listaxe definitiva de adxudicación de vales

Achégase a listaxe definitiva de adxudicación de vales para libros e material correspondente ao curso 2022-2023. Calquera dúbida será resolta no centro, preferiblemente por teléfono, en horario de 10:00 a 13:00.

Os usuarios correspondentes a cada alumno foron remitidos ás familias por correo electrónico.

Documentación eleccións Consello Escolar 2021

Acceso ao censo de responsables de alumnado (é necesario introducir o código de usuario e contrasinal facilitado ao inicio de curso). De terse extraviado pode solicitarse de novo á titora.

Censo de responsables

Nos adxuntos desta nova figura o modelo de candidatura para o sector de responsables do alumnado. Unha vez cuberto pode ser entregado no centro ou remitido ao mesmo, ben por correo electrónico ou ben a través da sección "Contacto" que figura no encabezado desta páxina.

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 15 de novembro.

As votacións terán lugar o 21 de novembro.

 

Achégase tamén a proclamación de candidaturas.

 

Novas solicitudes de admisión

O prazo de presentación para as novas solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

No seguinte enlace atópase información sobre as formas de presentación da solicitude:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Se decide cubrir e presentar a solicitude de xeito manual pode descargar o impreso do seguinte ENLACE e presentalo cuberto no centro (este impreso só é valido para este centro).

 

Documentación que debe acompañar a solicitude AQUÍ.

Se houbese que baremar (máis solicitantes que prazas ofertadas) requiriríase a presentación de documentación adicional.