00/00/
Acceso ao censo de responsables de alumnado (é necesario introducir o código de usuario e contrasinal facilitado ao inicio de curso). De terse extraviado pode solicitarse de novo á titora.
Nos adxuntos desta nova figura o modelo de candidatura para o sector de responsables do alumnado. Unha vez cuberto pode ser entregado no centro ou remitido ao mesmo, ben por correo electrónico ou ben a través da sección "Contacto" que figura no encabezado desta páxina.
O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 15 de novembro.
As votacións terán lugar o 21 de novembro.
Achégase tamén a proclamación de candidaturas.