BiblioTEcuida
|
Como en anos anteriores, este 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas "Aptas para todos os públicos" que nesta ocasión terá o lema "BiblioTEcuida" destinado a destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, abertos e preocupados polas necesidades dos usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía como un espazo para a lectura, unha lectura que cura tanto as capacidades cognitivas como o benestar e a saúde mental. As bibliotecas son un apoio no coidado de todas as persoas e fixeron súa a idea da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás. Así tamén exercen a súa labor de coidados en espazos coma hospitais ou centros penitenciarios.
|
Xulia Vicente, galega, ilustradora e autora de cómics, foi quen se encargou do deseño do cartaz conmemorativo. Para axudar a difundir esta mensaxe, podedes utilizar nas vosas redes sociais as seguintes etiquetas:
#DíaDasBibliotecas #DíaDasBibliotecas2022 #BiblioTEcuida
|