2º curso

LECTURAS

 

       

       Para conmemorar o Día das escritoras, o alumnado de 2º de primaria realizou a lectura duns textos dalgúns libros escritos en galego e castelán por diferentes autoras. 

       Estivemos na biblioteca para gravalos e isto foi o que saíu. 

Esperamos que vos guste!!

video

 

 

 

CONTACONTOS DE RAQUEL QUEIZÁS

O luns Raquel Queizás veu ao noso cole a contarnos unhas lendas...a lenda da fonte do Mouro e outra que lle contaba a súa avoa. Desfrutamos moito escoitándoa! Como sabería ela a lenda da fonte do Mouro?...

COMO TRANSVASO UN LÍQUIDO?

Hoxe Cloe explicounos como podemos transvasar un líquido

dun recipiente a outro sen motor. Estivo moi interesante.

E gustounos moito o video-demostración que puidemos ver.

"LA SILLA" de VAN GOGH

E coa nosa versión de "La silla de Van Gogh" rematamos por agora

coa serie de sesións adicadas a este interesante artista.

CORPOS XEOMÉTRICOS

Estes días estamos adicando as sesións de Matemáticas para coñecer máis sobre as figuras xeométricas...

e tamén as construimos con distintos materiais!

DÍA DA TERRA

Para celebrar o Día da Terra todo o cole participou na elaboración

deste mural tan bonito feito dende Art and Crafs!

LUCÍA PRESÉNTANOS O DÍA E A NOITE.

Hoxe Lucía trouxo ao cole un experimento feito na casa.

Con el repasamos o movemento de ROTACIÓN, e vimos como se produce o DÍA e a NOITE.

CARLA PRESÉNTANOS O SISTEMA SOLAR!

Carla trouxo ao cole o seu Sistema Solar.

Canto nos gustou! E ata tiña o cinturón de asteroides!

ROTEIRO POLO RÍO TE

Que xeito máis fermoso de rematar o 2º trimestre!

Un roteiro polo río Te dende Carballal ata o muiño de Francuín ou Paus do Cura.

Que afortunados sonmos de poder gozar deste gran entorno!!!

 

 

Plantamos!

Coa chegada da primavera adecentamos o noso invernadoiro

e plantamos na nosa parceliña...

a ver que tal é a recolleita!!