2ª SEMANA DE FROITA NA ESCOLA

 

         2ª semana: Do 07/03/2016 ao 11/03/2016

·         3ª semana: Do 06/06/2016 ao 10/06/2016

As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria agás os grupos de 4ºA e 6ºB.

Agradecemos a vosa colaboración especialmente  nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

  Este venres os alumnos e alumnas de 6º asistirán no Auditorio de Galicia ao concerto de Jazz de XACOBE MARTÍNEZ ANTELO STANDARD QUARTET. Tratamos así que os nenos e nenas ao longo da educación primaria, e dentro das posibilidades culturais que se nos ofertan para esta idade dentro da programación de Compostela Cultural, asistan a concertos de diferentes estilos. Podedes ver máis información e consultar a guía didáctica do concerto na páxina do Auditorio premendo AQUÍ   ou na imaxe.

Recitando a Rosalía

    O alumnado de primaria homenaxea a Rosalía de Castro con este recitado dos seus poemas:

Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video e imaxes da vida e obras da escritora:

Unha imaxe de parte do equipo técnico no "making of"

Os alumnos e alumnas de 5º tamén participaron nun programa de Radio Ames:

Video homenaxe a Rosalía . Alumnos de infantil recitan: "Vente rapasa"

   Alumnos de 5 e 4 anos do Ceip A Maía, interviñeron na homenaxe a Rosalía de Castro recitando a poesía "Vente rapasa" de Cantares galegos. O video participou na lembranza que se celebrou o mércores no Milladoiro. Ler + na páxina do Concello.

 

Actividades de homenaxe do Ceip A Maía a Rosalía de Castro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

HOMENAXE DO CEIP A MAÍA

Mércores, 24 de febreiro de 2016

 

Educación Infantil:

Vídeo. Os nenos recitan: Vente rapasa”

de Cantares Galegos

Educación Primaria:

Lectura continuada de poemas na Biblioteca “Agustín Fernández Paz”

Organizado polo EDLG, Equipo TICs e Equipo de Biblioteca.

==============================================

Os carteis  coas actividades que organiza o Concello de Ames para o Día de Rosalía. Ver máis información premendo AQUÍ

AVISO IMPORTANTE: Nova proba temporal para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil


Estimadas familias, nais e pais

O Concello de Ames realizará o LUNS 22 DE FEBREIRO unha segunda proba temporal para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil na contorna do CEIP A Maía e o IES de Ames en Bertamiráns. 


Con este motivo, realizaranse as seguintes actuacións puntuais para a súa información:

 

1. Habilatarase unha beirarrúa provisional, na actual dársena de autobuses escolares, quedando simplemente unha fila de autobuses na parada actual.

 

2. Habilitarase unha dársena provisional de autobuses, situada entre as dúas portas de entrada ao recinto do CEIP A Maía. Todos os nenos e nenas que viaxan nos autobuses con números 1, 2 e 3 (na nova dársena) entrarán ao colexio, como xa é habitual, pola porta de acceso principal. Igualmente entrarán pola porta principal o alumnado dos outros autobuses (4,5 e 6).

 

3. Impedirase temporalmente o aparcamento en batería de vehículos particulares na nova dársena do CEIP A Maía (uns 45 metros) e habilitaranse prazas temporais para discapacitados e comedor escolar. 

 

4. Reforzarase a presenza da policía local durante a xornada de proba.

  

Finalmente, recoméndase o uso do aparcadoiro do pavillón polideportivo para os vehículos particulares, para evitar atascos nas zonas de entrada aos centros escolares.

 

Agradecemos a súa colaboración e agardamos que esta nova proba sexa de utilidade para mellorar a seguridade viaria nos centros escolares o antes posible.


A directora

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

 

CARTA DE 4ºA Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Estimadas familias, profesorado e alumnado do CEIP A Maía:

O alumnado e profesorado de 4ºA imos facer a partir de hoxe e durante as próximas semanas un proxecto de educación viaria sobre os accesos ao Centro, as entradas e as saídas.

Imos observar e recoller datos sobre como están os accesos e arredores do Centro, as beirarrúas, os aparcadoiros, etc.; tamén como se utilizan eses espazos, como circulamos por eles, como se fan as entradas e saídas ao Centro.

Logo imos reflexionar sobre o observado, que aspectos positivos atopamos e que debería mellorar; ao final comunicarémosvos as nosas conclusións.

Para poder realizar este proxecto, pedímosvos a vosa comprensión e colaboración nas actividades que realicemos.

Moitas grazas

 

Alumnos e alumnas de 4ºA

María Ramos Sánchez

Rosa García Garrido

Isabel Abelleira Bardanca

Baile de disfraces no Antroido da Maía

   Tanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!

DÍA DA PAZ

   Hoxe celebramos o Día da Paz. Os alumnos e alumnas de infantil e primaria elaboraron ó longo da semana as pancartas que hoxe compartimos, leron os lemas traballados por niveis e remataron todos xuntos cantando a Cantarela dos nenos de Neira Vilas. Deixemos que os videos coas fotos dos traballos falen por eles....

As pancartas:

Un anaco da canción:

A xuntanza de todos os alumnos:

Ademáis no blog de primaria podedes ver outro video da xornada premendo AQUÍ

 

Os mandadiños do Meco para Infantil

Estos son os mandadiños do Meco para os nenos de infantil ó longo da semana:

Luns empeza

con algo na cabeza.

Quedarás coa nosa mirada

se o martes traes a cara pintada.

Para o noso gozo

o mércores traerás algo no pescozo.

E o xoves vístete do revés

                e trae algo nos pés.

Distribuir contido