MEMORIA FOTOGRÁFICA do curso 2015-2016

    No Ceip A Maía fixemos, para despedir o curso, unha exposición que recolle a Memoria Fotográfica deste ano, coas actividades en común para todo o centro. E tamén está a maqueta que construiron os alumnos de 4ºA dentro do seu proxecto "pés na rúa". As fotografías están colocadas nas pistas na entrada do colexio e a maqueta está no interior. Queremos agradecer á nosa compañeira Ana Bolaño o seu traballo para montar esta exposición (seleción, maquetado, plastificado...) e aos rapaces de 4ºA por facer esa maqueta, a escala!, que tan ben mostra as nosas instalacións.

Pés na rúa: excursión en bici de 4ºA

   Este venres os rapaces de 4ºA remataron o seu traballo de investigación dentro do proxecto "pés na rúa" cunha saída en bici polo contorno. 11 km de aventuras.

   Para saber como lles foi entrade no seu blog, premendo no icono á dereita, ou LER MÁIS AQUÍ +  

a qué sabe a lúa en infantil?: unha obra de teatro de 5ºC e unha película Stop motion de 4ºA

   Os alumnos de 5ºC de Infantil coa profe Rosana e o apoio da profe Andrea fixeron no escenario da Biblioteca unha representación do conto: a qué sabe a lúa?. Subidos no escenario deron vida aos animais  que queren trepar ata ela para comprobar o seu sabor...

   Por fin e despois de varios erros técnicos conseguimos gravar a obra. Podedes ver como foi, na web da biblioteca, premendo AQUÍ.

   E ademáis os pequenos de alternativas de 4ºA fixeron coa profe Loli un corto de animación en Stop Motion. LER MÁIS + 

Amadriñamentos lectores entre 3ºC de primaria e infantil

    Durante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +

"a voz do son": canta 5ºC de infantil

   Os nenos e nenas de 5ºC de Infantil, coordinados pola profe Rosana e axudados pola profe Andrea cantaron "A VOZ DO SON" para os seus compañeiros de 3 anos no escenario da Biblioteca. Unha versión con instrumentos e outra sin eles. Fixérono xenial e gañaron uns merecidos aplausos!. Parabens rapaces!

 

Aprendemos sobre o ADN con Ángel Carracedo e ademais, … “XOGANDO”!!!

    Para o alumnado e profesorado de Sexto, o pasado venres día 3 foi un día inesquecible!. Baixo a batuta de Ángel, chegamos ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética. Descubrimos o Libro da Vida das cereixas, do kiwi … Extraemos o seu ADN!!! … Que ben o pasamos!!!

 

     Moi posiblemente nuns pocos anos, algúns de nós,  como os equipos do doctor Carracedo, esteamos a traballar con moitos  Libros da Vida e descifrando os seus códigos  xenéticos. Polas combinacións das  súas letras (A, adenina; C, citosina; G, guanina e T, timina), saberemos das  características dunha vida e das mutacións dos seus xenes : axudaremos así a coñecer, a previr e a curar enfermidades!!!

 
        Namentres, ata ese día, seguiremos a aplicarnos a nosa particular lenda desas 4 letriñas: A (Amor pola ciencia), C (Curiosidade por saber), G (Gusto por traballar ), e T (Tenacidade para non rendirse).

   MOITAS GRAZAS Ángel, pola ilusión investigadora que sementaches en todos nós!!! … Ata o curso que vén, profesor Carracedo!!!

 

Títeres de espuma de 4ºC E 4ºB

    Os alumnos e alumnas de 4ºB e 4ºC  fixeron estos TÍTERES DE ESPUMA. Primeiro prepararon as plantillas para cortar as planchas de espuma para facer as cabezas. Despois uniron con pegamento os dous lados da cabeza, que é unha das fases máis complicadas e, cando estiveron secas, fixeron o seguinte paso que é pintar as caras, pegarlle ollos e facerlle a boca. Coa estructura da cabeza xa rematada fixéronlle os corpos cunha camiseta. E finalmente cada un decorou o seu títere como máis lle gustou: pelos de cores, barbas,  coletas, bigotes, dentes ou cornos....e todo tipo de accesorios para personalizalos. Desde logo empregaron moita imaxinación!

   Pasárono moi ben e quedaron chulísimos!

 

Semana da froita

  A Consellería de Medio rural e do mar ofrece unha campaña para a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado e o noso centro solicitou a modalidade de FROITA FRESCA NA ESCOLA para o alumnado de primaria. Páxina oficial do programa

 

  O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.

               

 

 

 

Violencia de xénero e acoso escolar

   Ao longo da semana pasada membros da GARDA CIVIL  impartiron ao alumnado de 5º e 6º unhas CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR. Estas charlas forman parte do Plan Director, un concerto entre a Consellería de Educación e a Garda Civil.

 

  

Pés na rúa: un traballo de 4ºA sobre mobilidade sostible e segura.

    Hoxe presentamos un novo blog no colexio "PÉS NA RÚA": é o resultado do traballo que veñen realizando desde fai meses o alumnado e o profesorado de 4ºA.  Trátase do programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolve a Dirección Xeral de Tráfico a través do Plan Proxecta. Un tema moi interesante xa que o contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado.


    O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, neste caso  a DXT, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

    Un dos primeiros pasos foi a carta que enviaron cando iniciaron o traballo:

 

E este é o logo que crearon na clase:

 

A partir de agora podedes seguir o blog premendo no icono na esquina superior dereita.

Distribuir contido