Contos para o Día Internacional do BICO

   Ás veces os telexornais traen noticias curiosas: resulta que hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DO BICO. Así que desde a Biblioteca lembraron un  precioso conto que se lles conta aos pequenos (Bicos, bicos)  sobre como son e que lles parecen os bicos... Fixeron unha seleción de contos de BICOS na que non están todos os que son pero si son todos os que están.

    Premede no enlace para  LER  MÁIS +

 

   

     ...e un bico "de cine"

      

 

 

Bandanza, concerto da Banda Municipal de Santiago para 3º e 4º

    Seguindo a liña de que ao longo da Educación primaria, os nenos e nenas asistan a concertos didácticos de distintos estilos e agrupacións, nesta ocasión o venres 15 de abril,  os alumnos de 3º e 4º terán a oportunidade de disfrutar da música interpretada pola Banda Municipal de Santiago nun concerto titulado "BANDANZA", acompañados nesta ocasión por unha parella de bailaríns profesionais.

    Este concerto seguro servirá de motivación para coñecer e apreciar, non só esta agrupación tan importante na música galega, senón tamén para descubrir e achegarse ao mundo dos bailes de salón.

   Esperamos que sirva tamén de impulso para que, neste terceiro trimestre, os nenos e nenas realicen na clase de música algunha danza colectiva, popular ou tradicional. É, quen sabe, quizais algún día, algún neno ou nena  vos sorprenda...

    Podedes ver máis información na páxina de Compostela Cultural- Didáctico, premendo neste enlace.

 

 

Presentación do blog de Educación Emocional

    Hoxe presentamos un novo blog que xorde como froito dun grupo de traballo acerca da educación emocional,que pretende ir reflectindo a información que van  recopilando en forma de enlaces, vídeos, comentarios e recomendacións de libros…

    Chámase "EDUCANDO AS EMOCIÓNS CADA DÍA"  e a partir de agora podedes atopalo na sección do departamento de Orientación e directamente tamén na de blogs do Centro.

     Para acceder desde aquí premede na imaxe:

 

Patacas no horto da Maía

  Antes das vacacións de Semana Santa, os pequenos de 3 anos de 4º A de Infantil foron ao horto e plantaron patacas greladas do país e unha variedade francesa de cor morado. Trátase dunha actividade de Coñecemento do Medio para que aprendan de onde veñen os alimentos. E pronto van levar unha sorpresa porque as patacas xa están asomando!.

Para ver máis premede na imaxe de abaixo que enlaza co blog de infantil.

Escolma de receitas de cociña

Estimadas familias:

  No colexio queremos facer unha escolma de receitas de cociña relacionadas coa primavera, é dicir, que as receitas inclúan algún ingrediente típico desta época do ano en Galicia, polo que vos animamos a que nestas vacacións de Semana Santa adiquedes un día a cociñar cos vosos fillos e fillas, e logo saborear a vosa creación en familia. Pode ser tanto un prato principal como unha sobremesa, xa que ás veces os doces é o que máis lles gusta aos nenos.

 

    Achegámosvos algunhas ideas sobre froitos de primavera: aguacates, albaricoques, cereixas, ameixas, amorodos, limóns, berenxenas, coliflor, leituga, framboesas, chícharos,... e todos os que vos pasen pola cabeza.

  Só vos pedimos que as receitas estén escritas en lingua galega, coas receitas recibidas, faremos unha selección das máis orixinais ou divertidas e elaboraremos o noso libro de receitas de primavera para a Biblioteca Escolar.

   Este non é un traballo obrigatorio, participade se vos apetece, pero é unha boa ocasión para facer unha actividade diferente cos vosos fillos, a de cociñar, e logo elaborar entre todos a receita, facer un debuxo ou incluso pegar unha fotografía.

   O prazo máximo para entregar as receitas aos titores/as é o día 1 de abril.

 

   Animádevos a compartir as vosas habilidades culinarias con nós e felices vacacións!!!

 O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.

 

(podedes imprimir aquí a planilla: premendo no arquivo adxunto baixo esta entrada)

 

2ºC na Aula da Natureza

   As alumnas e alumnos  de 2ºC, que esperaban impacientes o seu turno, visitaron  a  Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas, analizaron as raices e observaron as flores das camelias. Tamén viron as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!

RODARIRRODARI para os nenos de 2º e 1º

    Os alumnos e alumnas de 2º e tamén os de 1º asistiron na sede da fundación Abanca en Santiago á representación do espectáculo RODARIRRODARI  da compañía "Fantoches  Baj" fundada por Inacio Vilariño.

   Rodarirrodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, monicreques e acompañamento musical en directo no que, a través dos contos tradicionais de Gianni Rodari e co tranvía de Marín como medio de transporte do espectáculo, falan da domesticación dun animal como é o burro para explicar o uso e abuso das novas tecnoloxías. Premendo neste enlace  tamén podedes ver un anaco do espectáculo que fixeron noutra ocasión.

 

 

2ºA na Aula da Natureza

As alumnas e alumnos de 2ºA visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Os alumnos de 2ºC realizarán a mesma visita o día 16 e os de 2ºB visitárona a semana pasada como podedes ver nunha entrada anterior desta web. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Tamén lles ensinaron un herbario. Gustoulles moito e pasárono xenial!

Premio no I Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller"

  Iria Núñez Filgueira de 5ºB resultou gañadora no Iº Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller".

   Os marcapáxinas premiados serán editados e enviados aos centros e Bibliotecas do Concello.

  No auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro celebrouse  o acto de conmemoración do Día e entregáronse os premios do concurso posto en marcha polo Centro de Información á Muller.

 

   Premer AQUÍ para ver máis información do acto na páxina do Concello.

 

    Este certame estivo dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos de Ames. As bases do concurso estableceron tres categorías diferentes.

   A primeira estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil; a segunda ao de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e a terceira aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

  educació 

   Deste xeito os gañadores e gañadoras foron na 1ª categoría, Carolina Guerra García, alumna de infantil do CEIP Agro do Muíño; na 2ª categoría, Diego Cacheiro Blanco, alumno de 2º de primaria do CEIP Agro do Muíño; e na 3ª categoría, Iria Núñez Filgueira, alumna de 5º de primaria do CEIP A Maía.

                      Parabéns Iria!

2º B na Aula da Natureza

  As alumnas e alumnos de 2º B visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. (As outras aulas terán a visita os días 14 e o 16). Entre outras actividades para favorecer a sensibilización cara o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!

Distribuir contido